Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

CUAC FM convoca o seu XVIII Concurso de Bandas e solistas

A emisora comunitaria da Coruña, CUAC FM, convoca o seu XVIII Concurso de Bandas e solistas (antes Concurso de Maquetas) para artistas de toda España.

 

En total entregaránse 3.600 euros en premios, dous deles destinados ás bandas da cidade de A Coruña.
O prazo para enviar traballos remata o 20 de xuño. Poden presentarse artistas que teñan editado como máximo un lp e o prazo de recepción de traballos finaliza o día 20 de xuño.

A principal novidade nesta edición é que, froito dun acordo de colaboración co Concello da Coruña, en concreto coa Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, establécense novos premios moi atractivos para as bandas, como a posibilidade de actuar no Festival Noroeste Pop Rock.

A colaboración co Concello da Coruña permitirá que tres bandas galegas actúen no Festival Noroeste no mes de agosto.

As tres bandas galegas con máis puntuación por parte do xurado actuarán no Festival Noroeste este mes de agosto, no esceario que os responsables do Concello consideren máis oportuno. Desas bandas, como mínimo unha será da cidade da Coruña (nas bases están especificados os criterios). A actuación conlevará un premio de 600 euros.

A Batalla de bandas será o día 1 de outubro na Sala Mardi Gras

O XVIII Concurso de Bandas e Solistas de CUAC FM incrementa os premios para as bandas que se clasifiquen para a Batalla de Bandas que se celebrará o sábado 1 de outubro na Sala Mardi Gras. Poderán ser seleccionadas bandas de toda España.

O xurado desta edición estará formado por cinco ou sete persoas, sendo maioría de persoas externas a CUAC FM e con ampla experiencia no eido musical.

Premio á mellor banda local

Por último, mantense un premio á mellor banda local que é seleccionada por votación de todas as persoas de CUAC que desexen participar na elección. Neste caso incluense bandas da área metropolitana da Coruña.

CUAC FM entregará premios a un total de seis bandas  e por un importe global de 3.600 euros.

A inscripción realízase a través dun formulario neste apartado da páxina web da emisora: premio á mellor banda local https://cuacfm.org/concurso-bandas

fuente https://cuacfm.org

 

 

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 261 invitados y 6 miembros en línea

  • Everllark
  • GioresSt
  • MarloNor
  • MichaelNon
  • ritamat

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.