Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

Convocados os XXIX Premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación Científica

O Concello da Coruña abre o prazo de presentación de traballos dos Premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación, que este ano celebran o súa 29 edición. O certame distingue aos proxectos máis destacados do ano que contribúen á mellor compresión das ideas e procesos científicos. Nesta edición outorgaranse os galardóns en sete modalidades diferentes, según a natureza do proxecto, a través das categorías artigo xornalístico, libro editado, radio, sitio web/redes sociais, texto inédito e vídeo, así como o Prisma Especial do Xurado, que se concede a persoas ou institucións que se significan pola súa contribución á divulgación da cultura científica.

O prazo de presentación de traballos e candidaturas finaliza o 1 de xullo na modalidade de libros editados, mentres que o 10 de setembro será o derradeiro día para as demais categorías. Os proxectos presentados podrán tratar sobre calquera tema relacionado coas ciencias físicas e naturais, tanto nos seus aspectos xerais como en calquera das súas ramas ou aplicacións prácticas, incluídas as biografías de científicas e científicos ou a historia da ciencia.

Desde a súa primeira convocatoria no ano 1988, presentáronse aos Premios 4.062 traballos de divulgación científica, chegados dos cinco continentes, dos cales 120 foron recoñecidos con Prismas de Bronce. Nesta edición, outorgaranse os premios ás mellores iniciativas nun acto que tendrá lugar o sábado 12 de novembro na cidade da Coruña.

Para máis información sobre o certame e o seu percorrido ao longo dos  anos, pode visitarse a páxina web deste premio, onde tamén están dispoñibles as bases desta XXIX edición.

fonte http://prensa.mc2coruna.org

 

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 268 invitados y 6 miembros en línea

  • Everllark
  • GioresSt
  • MarloNor
  • MichaelNon
  • ritamat

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.