Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

A Volta á provincia da Coruña aposta pola media montaña na súa XV edición

Desde este venres 119 corredores percorrerán as estradas coruñesas na búsqueda do éxito na rolda que marca o inicio das carreiras por etapas máis importantes do calendario español Elite e Sub-23. A Volta á provincia da Coruña celebra a súa decimoquinta edición e faino cun percorrido que se caracteriza pola media montaña e que garantiza o espectáculo. O manchego Pedro Merino (Supermercados Froiz) defenderá a vitoria acadada fai un ano.


As tres xornadas presentan un perfil sinuoso, pero ningunha remata en alto. A primeira terá como punto de saída e chegada Cerceda. Este venres a partir das 14:00 horas os participantes enfrontaranse a un percorrido de 141,5 kilómetros cos premios de montaña de 3ª categoría do Empalme (Km 108) e de Pao do Lobo (Km 132). As dúas Metas Volantes estarán situadas en Carral e a Silva, e a caravana atravesará concellos como os de Ordes, Arteixo ou Carballo antes da meta no Campo da Feria de Cerceda.


Ao día seguinte, chegará a quenda para outra etapa cun trazado ideal para a batalla. Serán 130 kms de percorrido, tres ascensións puntuables e inicio e final en Brión. Os  altos de 3ª de Moimenta (Km 75) e Aguasantas (Km 101) exercerán de aperitivo para a subida a Airesa, de 2ª, coa cima ubicada a 14 kms para a chegada. Padrón e Noia preséntanse como os outros puntos quentes con cadansúa Meta Volante nunha xornada que tamén transcorrerá por Negreira, Bertamiráns, Boiro ou Rois.


O escenario da derradeira tirada será Ferrol e a súa comarca. A cidade departamental coroará ao novo vencedor desta rolda despois dunha xornada de 135,5 kilómetros. As subidas a Pereiro (Km 30), A Serra (Km 43), o Alto do Pío (Km 69,8) e Pereiruga (Km 110), todas de 3ª, marcarán o desenlace desta etapa con Metas Volantes en As Neves e As Somozas. Mugardos, Ares, Fene ou Valdoviño tamén presenciaran o paso dos sobreviventes desta volta na búsqueda da meta final situada na Estrada de Castela ferrolá.

+ info e fonte http://www.fgalegaciclismo.es

 

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 244 invitados y 7 miembros en línea

  • DerrickFex
  • Everllark
  • GioresSt
  • MarloNor
  • MichaelNon
  • ritamat

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.