Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

21ª Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), del 28 de octubre al 5 de noviembre de 2016

O Concello de Ourense convida a creativos e deseñadores a participar no proceso de selección de provedores para o deseño do cartel da 21ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF).

O formato non é concurso polo que non hai unhas bases, ainda que será de utilidade consultar as bases do festival, xa que este ano presenta novidades significativas na súa competición.
A única condición para participar é presentar a proposta a través do Rexistro Xeral do Concello desde o día 18 de abril até o sábado 30 do mesmo mes (Lembrade que os sábados o rexistro está na sé da Policía Local, Na rúa Victoria Kent.
Os orixinais deben ser inéditos e recomendamos que se presenten impresos e pegados sobre cartón pluma debidamente protexido de tamaño 50x70 adoptando forma vertical. Tamén se poderán presentar por correo electrónico enviado a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., asinado co certificado dixital que expide a FNMT.
Os traballos quedarán en poder do Concello de Ourense.
A creatividade deberá incluir os seguintes logos: Concello de Ourense (www.ourense.gal) e OUFF (www.ouff.org), así como as datas de celebración (do 28 de outubro ao 5 de novembro de 2016). O contrato está valorado en 1.200 euros máis IVE.
O logo do Concello deberá ocupar un 75% da franxa superior e terá un espazo libre igual ou superior a 5 cm de alto no seu borde inferior para que con carácter anterior á impresión, se podan incorporar os logotipos e lendas que considere oportunos.
Consulta as bases do festival en www.ouff.orge www.ourensecultura.com.

http://www.ourensecultura.com

 

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 122 invitados y un miembro en línea

  • SvetikBlilm

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.