Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

Pontevedra acolle o 1 e 2 de abril os Campeonatos de España de Luchas Olímpicas

A cidade do Lérez, acolle os Campeonatos de España de Luchas Olímpicas nas categorías júnior e escolar durante os días 1 e 2 de Abril de 2016, no pavillón municipal dos deportes.

Este ano celébranse en Pontevedra as edicións:

-28º Cto. de España júnior de Lucha Libre Olímpica.

-28º Cto. de España júnior de Lucha Grecorromana.

-14º Cto. de España júnior de Lucha Libre femenina.

-25º Cto. de España escolar de Lucha Libre Olímpica.

-25º Cto. de España escolar de Lucha Grecorromana.

-14º Cto. de España escolar de Lucha Libre femenina.

 

Non son moitos os Campeonatos de España organizados en Galicia, sendo o último campeonato organizado no ano 2007 na cidade de Santiago de Compostela. Dende aquela ata o día de hoxe, non tivemos a oportunidade de contar con un evento de estas características na nosa Comunidade.

A historia do noso deporte, fai que a selección Galega de Luchas Olímpicas, aspire a estar no podio nacional nas 6 competicións que se van a celebrar. Galicia é un referente nacional nas Luchas Olímpicas.

A competición desenrolarase en 4 tapices oficiais de Luchas Olímpicas, de 12 x 12 mts, tendo a xornada de mañá reservada para a Lucha Femenina e a Lucha Grecorromana, e a xornada de tarde será exclusivamente para a competición de Lucha Libre Olímpica.

As 17 Comunidades Autónomas estarán presentes nesta competición, que se desenrola integramente o sábado 2 de Abril, no pavillón municipal de Pontevedra, e a que acudirán preto de 500 deportistas. Os deportistas que acaden ser campións de España, terán a oportunidade de participar nos campeonatos de Europa júnior, no mes de Xuño en Bucarest (Romanía).

Galicia acode a esta competición con 50 deportistas inscritos, 4 seleccionadores, 3 delegados e 7 árbitros, sendo a comunidade con mais representación.

Escoller a cidade de Pontevedra para celebrar o evento, é unha garantía de éxito, tanto pola solvencia amosada polo Concello na organización de grandes eventos deportivos, como polos servizos que oferta a cidade. Unha parte importante de que volva a Galicia este evento recae na concelleira de deportes de Pontevedra, Anxos Riveiro, e nos técnicos e responsables do IMD de Pontevedra, pola sensibilidade deportiva amosada a hora de colaborar e volcarse nesta competición de ámbito nacional.

Por outra banda agradecer o esforzo do Club de Lucha Pontevedra, referencia na cidade, e que ten a varias deportistas con moitas opcións de coroarse campioas de España, non en vano é o primeiro Club Galego e ser campión de España por clubs en Lucha femenina na categoría escolar (deporte base).

Os técnicos Galegos encargados de dirixir as diferentes seleccións Galegas son Alexandre Kachelaev, Alfredo Marcuño Martínez, Rubén Méndez Lois e Eladio Bello Columna. Todos eles amósanse entusiasmados coa idea de Luchar en casa. “ser o equipo local en esta competición pode dar un pulo os nosos deportistas”, afirma Pablo Pintos (Dirección Técnica).

fonte http://deporte.xunta.gal

 

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 141 invitados y 4 miembros en línea

  • BrianLet
  • FrankTwept
  • JamesmuS
  • Rodneyfut

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.