Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

Pontevedra será a capital do tríatlon español a fin de semana do 21 ao 22 de maio

Aproximadamente 2.000 deportistas de toda España participarán na Copa do Rei e da Raíña de Tríatlon e o Campionato de España de Tríatlon por Relevos, que se celebrarán os días 21 e 22 de maio en Pontevedra.
 
 
Hoxe tivo lugar no Concello de Pontevedra a rolda de prensa de presentación deste evento.  No acto informativo estiveron presentes o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, e o presidente da Federación Galega de Tríatlon, Óscar Surís.
 
O alcalde Miguel Ánxo Fernández Lores recordou a cita ineludible que Pontevedra ten co tríatlon dende hai oito anos de forma ininterrumpida. O rexedor pontevedrés destacou que “é unha das probas do calendario da Federación Española que máis deportistas move” e afirmou que “durante esta fin de semana imos ser a capital do tríatlon estatal”.
 
Pola súa banda, o presidente da Federación Galega desculpou a presenza do presidente da Española, José Hidalgo, por atoparse nun compromiso previo en Murcia, e amosou o agradecemento da FETRI, “ao Concello e o alcalde pola súa dispoñibilidade a facer probas do máis alto nivel”.
 
Surís explicou que a Copa do Rei e da Raíña son probas de contrarreloxo por equipos, na que o tempo queda marcado polo cuarto membro do equipo. Nestes intres hai 973 deportistas inscritos e 200 equipos. A proba celebrarase en elite, open e escolar (categoría cadete) o sábado 21.
 
O domingo celebrarase o Campionato de España de Tríatlon por Relevos. Son equipos formados por tres integrantes que farán un tríatlon de distancia mini-sprint (250 metros de natación, 6 quilómetros de bicicleta e 1,6 de carreira a pe), con relevo ao seguinte membro do equipo. Este campionato tamén se celebrará en elite, open e categoría escolar. A falta dunha semana para o peche da inscrición hai 721 deportistas inscritos e 240 equipos.
 
 

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 231 invitados y 6 miembros en línea

  • DerrickFex
  • Everllark
  • MarloNor
  • MichaelNon
  • ritamat

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.