Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

26 e 27 de maio, a asociación Xeopesca, en colaboración coa aula CeMIT de Poio, impartirá un obradoiro sobre “XeoPosicionamento con OpenStreetMap”

 

Logo de OSM

Os días 26 e 27 de maio, a asociación Xeopesca, en colaboración coa aula CeMIT de Poio, impartirá un obradoiro sobre “XeoPosicionamento con OpenStreetMap”.

O obxectivo do obradoiro será introducir aos asistentes no funcionamento de OpenStreetMap, amosando como se realiza a localización e rexistro dos elementos a xeoposicionar e como incluílos en OSM. Se o tempo o permite, farase unha saída por Combarro realizando unha pequena ruta para comprobar que os elementos que xa están referenciados son correctos, actualizalos se é necesario ou rexistralos se non estivesen incluídos no mapa.

A actividade é totalmente gratuíta e desenvolverase en horario de tarde, de 17:00 a 18:30 horas na aula CeMIT de Poio, sendo preciso inscribirse previamente.

Para participar é preciso ser maior de 16 anos, contar con autorización por escrito no caso dos menores, ter coñecementos básicos de informática e dispor de smartphone con GPS ou localizador GPS para o rexistro das coordenadas.

Tamén se realizará unha pequena actividade de GeoCaching para dar a coñecer este tipo de actividades.

OpenStreetMap

OpenStreetMap é coñecido popularmente como “a Wikipedia dos mapas”, xa que o obxectivo principal desta iniciativa é crear de xeito colaborativo unha cartografía mundial libre.

A diferenza de servizos de mapas privativos, OpenStreetMap non só ofrece unha representación cartográfica do mundo, senón que en realidade é unha gran base de datos xeográfica que contén moita máis información que ademais está dispoñible baixo unha licenza libre, para que calquera persoa a poida empregar, modificar ou crear as súas propias representacións dos datos.

O XeoPosicionamento permite situar xeograficamente un lugar a través das súas coordenadas xeográficas. En OpenStreetMap poden xeoposicionarse diferentes elementos aparte dos nome de rúas ou de outros sitios, pódense rexistrar elementos coma bancos, fontes, cabinas de teléfono e, en xeral, calquera tipo de servizo dispoñibles.

A modo de exemplo, mencionar dous proxectos dos que recentemente vos falamos, como o catálogo dixital cultural da comarca de Melide, no que xeoposicionaban en OSM os elementos patrimoniais da comarca; ou a iniciativa Little Social Projects, que lanzaba como primeiro proxecto UloDeporte, no que animan á cidadanía a xeoposicionar en OSM as instalacións deportivas galegas.

Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Xeopesca realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre da Xunta de Galicia.

fonte http://www.mancomun.gal

 

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 156 invitados y 4 miembros en línea

  • BrianLet
  • FrankTwept
  • JamesmuS
  • Rodneyfut

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.