Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

A Estrada, Redondela, O Porriño, Cangas, Mondariz-Balneario, Moaña e O Grove acollen durante a fin de semana as propostas de dinamización lingüística do 'FalaRedes'

A fin de semana preséntase especialmente intensa no tocante á programación de actividades do 'FalaRedes' na provincia de Pontevedra: A Estrada, Redondela, O Porriño, Cangas, Mondariz-Balneario, Moaña e O Grove acollen o sábado e o domingo sete actividades do programa de dinamización lingüística que a Consellería de Cultura e Educación, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, lle destina ás entidades adscritas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia. Os protagonistas volverán ser Os Bolechas, que seguen a espallar o espírito olímpico polo país, e o espectáculo infantil co que Uxía, Magín Blanco e Santi Cribeiro lle renden tributo a Manuel María.

Actividades en sete concellos
No caso dos Bolechas, a primeira función terá lugar o sábado no Porriño (Círculo Recreativo Cultural,12:30 horas). Ese mesmo sábado á tarde, os célebres personaxes creados por Pepe Carreiro estarán en Mondariz-Balneario (Sala de Cultura do Concello, 19:00 horas). Ao día seguinte, domingo, Os Bolechas estarán ás 12:00 horas no Auditorio do Centro Castelao de Moaña. Pola tarde pecharán as actividades en Redondela, concretamente no Auditorio da Xunqueira (19:00 horas).


O espectáculo ‘Os Bolechas van ás Olimpíadas’ está pensado para gozar en familia. Os seis famosos irmáns requirirán a axuda dos rapaces e rapazas asistentes para superaren unha serie de probas e deste xeito venceren o seu antagonista Romualdo. Se, co apoio do público, o conseguen, terán garantido o seu pase para as Olimpíadas de Río 2016.


A participación promovida por esta actividade non se limita ao día do espectáculo, pois 'Os Bolechas van ás Olimpíadas' ten continuidade a través das novas tecnoloxías, no web http://www.osbolechas.gal/olimpiadas/.


Pola súa parte, o espectáculo musical ‘Todo me fala de ti’ estará o sábado, ás 12:30 horas, no Teatro Principal da Estrada. Ese mesmo día pola tarde chegará a Cangas (Auditorio Municipal, 18:00 horas). O domingo a función pasará por terras do Salnés, na rúa Pratería do Grove, ás 13:00 horas (en caso de choiva, na Casa da Cultura).


‘Todo me fala de ti’ é un proxecto musical liderado por tres coñecidas figuras da música galega: Uxía, Magín Blanco e Santi Cribeiro. O espectáculo é unha homenaxe ao poeta Manuel María pensado para gozar en familia. Partindo dos versos do chairego, con ‘Todo me fala de ti’ percorremos un universo de ritmos, que van dende o pop ata o tango.

Vindeiras citas: Verín, Vilalba, Viana do Bolo, O Pereiro de Aguiar, Celanova e Burela
Na vindeira fin de semana, a terceira do mes de xuño, o ‘Falaredes’ visitará outros seis municipios. ‘Os Bolechas van ás Olimpíadas’ e o espectáculo musical ‘Todo me fala de ti’ volverán a ser os protagonistas.

O sábado, día 18, ‘Os Bolechas van ás Olimpíadas’ estarán no Auditorio Municipal de Verín, ás 12:30 horas). Ese mesmo sábado, ás 19:30 horas, os personaxes creados por Pepe Carreiro chegarán á Casa da Cultura de Viana do Bolo. Ao día seguinte, domingo 19, Os Bolechas estarán á mañá no Pereiro de Aguiar (Centro de Día dos Gozos, 12:00 horas) e á tarde en Celanova (Auditorio Municipal Ildura, 18:30 horas).

Pola súa banda, Uxía, Magín e Santi Cribeiro estarán en Vilalba o sábado con ‘Todo me fala de ti’ (Auditorio Municipal, 18:00 horas) e o domingo no Auditorio da Casa da Cultura de Burela (ás 19:30 horas).

‘FalaRedes 2016'
O programa de dinamización lingüística ‘FalaRedes’ chega á súa quinta edición con novas propostas para gozar do tempo libre en galego que se desenvolven ao longo de todo o ano nos concellos da RDL. Todas as actividades son gratuítas e o acceso aos recintos é libre ata completar aforo.

Os obxectivos de ‘FalaRedes’ son ampliar a oferta de ocio na nosa lingua, promover o seu uso e valoración positiva, fornecer o ámbito municipal de actividades de lecer en galego e apoiar os artistas que desenvolvan o seu traballo no idioma propio de Galicia.

A axenda completa de actividades pódese consultar no Portal da Lingua Galega, nas redes sociais do programa 'FalaRedes' e na Axenda de Cultura de Galicia.

fonte http://www.xunta.gal

 

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 181 invitados y un miembro en línea

  • Samuellark

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.