Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

30 DE ABRIL XXVII TRÍATLON CONCELLO DE OLEIROS

NORMATIVA DE PARTICIPACIÓN

 Organiza:

Concello de Oleiros

Correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Teléfono: 981 610 000

 Colaboran:

Federación Galega de Tríatlon

Protección Civil do Concello de Oleiros

Policía Local do Concello de Oleiros

Garda Civil de Tráfico

Data e horario da carreira:

Sábado 30 de abril de 2016

Saída ás 16:00 h 

Distancia:

Para todas as categorías, sprint:

750 m de natación – 21 Km en bicicleta – 5,5 Km de carreira a pé 

Participación:

Neste tríatlon poderán participar: 

  • Todos os deportistas federados na Federación Galega de Tríatlon.
  • Aquelas persoas que fagan licenza dun día (achegando copia do DNI).
  • Para os efectos de control organizativo o número máximo de participantes será de 200. 

Categorías (H/M):

Cadete (1999-2001), Junior (1997-98), Sub-23 (1993-1996, Absoluto (1977-1992), Veterán 1 (1967-76), Veterán 2 (1966 e anteriores)

 Calendario de inscrición ( datas orientativas ) 

  • Do mércores 9 de marzo ás 10:00 horas ata o domingo 20 de marzo, abrirase o prazo de preinscrición na web municipal do Concello de Oleiros www.oleiros.org, Concellería de Deportes. É necesario achegar os seguintes datos: nome, apelidos, NIF, data de nacemento, categoría, teléfono, enderezo electrónico, enderezo postal (rúa, número, piso, código postal, municipio, provincia), tamaño de camiseta e nome do club ou no seu caso, non federado.
  • O 21 de marzo a partir das 12:00 h publicarase a listaxe de persoas preinscritas, na web municipal.
  • O 22 de marzo ás 12:00 h farase un sorteo público na Fábrica, no caso de haber máis solicitantes que prazas (resolverase por sorteo de letra). O 23 de marzo publicarase a listaxe provisional na web municipal.
  • Do 1 ao 7 de abril (inclusive) será o prazo de pagamento. Os/as 200 agraciados/as no sorteo recibirán un correo electrónico cos pasos a seguir. As persoas non federadas para facer a licenza dun día deberán achegar ademais a copia do DNI. O custo orientativo da inscrición para todos os participantes é de 15 euros. Agás por causa imputable á Administración, non se fará a devolución do prezo público.

 Saída, boxes e meta:

No parque A Lagoa de Mera, situado detrás da praia de Mera.

 Recollida de dorsais:

Entrega de dorsais o mesmo día da proba de 13:00 a 15:00 h no parque A Lagoa de Mera.

Control de material de 14:45 a 15:30 h. 

Hora de remate da proba: ás 18:00 horas aproximadamente.

 A cronometraxe da proba realizarase por medición electrónica, todos aqueles que teñan o Champion Chip amarelo o poden usar.

 Premios:

Nas categorías absolutas (H/M) premiarase cun trofeo ao campión e unha tarxeta-agasallo por valor de 20 €, para adquisición de material deportivo nunha  cadea de tendas deportivas ( a informar). O segundo e terceiro clasificado obterán a correspondente medalla polo posto acadado.

Nas restantes categorías tamén se entregarán  medallas aos tres primeiros clasificados.

A entrega de premios farase ao remate da proba.

Todos os participantes recibirán unha camisola  conmemorativa do XXVII Tríatlon Concello de Oleiros ao tempo que se  sortearán entre todos os que rematen a proba, 10 tarxetas-agasallo por valor de 20€ para invertir en material deportivo.

 Normas de competición:

A carreira rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento oficial de competición da Federación Galega de Tríatlon.

 Aparcadoiro:

Poderase aparcar na rúa Tierno Galván ata unha hora antes do comezo da proba. Os vehículos non se poderán retirar deste aparcamento ata que non remate a carreira a pé do último participante.

 Vestiarios:

As duchas estarán situadas no pavillón municipal de Canide, a 1 km da zona de boxes. 

  XXVI Tríatlon Concello de Oleiros 2015 clasificación

 XXV Tríatlon Concello de Oleiros 2014 clasificación

XXIV Tríatlon Concello de Oleiros 2013 clasificación

XXIII Tríatlon Concello de Oleiros 2012 Clasificacións

XXII Tríatlon Concello de Oleiros 2011 Clasificacións 

fuente http://www.oleiros.org

 

 

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 106 invitados y ningún miembro en línea

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.