Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

Galicia celebra o seu primeiro campionato autonómico de BTT Ultramaratón

A bicicleta de montaña en Galicia vivirá este sábado un día histórico. Por primeira vez nesta comunidade disputarase un campionato autonómico de ultramaratón BTT (XCMu) tras o acordo acadado pola Federación Galega de Ciclismo e a organización da Gran Ruta Celta. Os mellores especialistas galegos nesta disciplina poderán gozar dun duro e longo percorrido de 180 kms, con 5.500 metros de desnivel positivo acumulado, que terá como punto de saída e de chegada a vila medieval de Noia (A Coruña).
A Gran Ruta Celta cumple a súa segunda edición, despois do éxito de participación do ano pasado e consolídase como pioneira na ultra distancia en BTT en Galicia. O inicio da proba está marcado para as 08:00 horas na alameda de Noia.
 Ademais do reto dos 180 kms, a oferta complétase con dúas distancias fóra de campionato. A de Maratón de 100 kms presenta a novidade en Galicia de que se pode afrontar cunha bicicleta de ciclocross, o que se coñece como CX-M (Ciclocross Maratón ou Gravel). Por outra banda, sobre 50 kms celebrarase a ruta popular.  

Open de Enduro en Gondomar
O mountain bike autonómico volverá ter unha destacada cita ao día seguinte. A localidade pontevedresa de Gondomar será o escenario da cuarta proba puntuable para o Open de Galicia de Enduro. O Club Ciclista Bici Verde, organizador do 3º Circuíto Enduro BTT Concello de Gondomar, deseñou un percorrido de 31 kilómetros, cun desnivel positivo de 1.390 metros, e cinco treitos cronometrados.
Trala xornada previa de recoñecemento, o domingo darase o pistoletazo de saída ás 09:30 horas para adentrarse nos terreos das Comunidades de Montes de San Bieito, Mañufe e Santa Eulalia. A entrega de trofeos está programada para as 14:45 horas. 
Os outros dous eventos desta fin de semana disputaranse en estrada. O sábado o Club Ciclista Padronés organiza na súa vila a segunda edición da Clásica de Pascua Master,  a partir das 16:00 horas, e cun percorrido de 100 kilómetros. 
Esa mesma tarde, desde as 17:00 horas, as escolas, cadetes e juniors reuniranse no Rosal con motivo da disputa da carreira Montes de Santa Mariña, promovida polo histórico clube deste municipio pontevedrés, no circuíto da Praza do Calvario.

fonte http://www.fgalegaciclismo.es

 

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 105 invitados y 4 miembros en línea

  • BrianLet
  • FrankTwept
  • JamesmuS
  • Rodneyfut

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.