Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

O Parlamento de Galicia aproba a Lei do patrimonio cultural de Galicia que consolida o réxime de protección e axiliza a xestión administrativa

O Parlamento de Galicia vén de aprobar na mañá de hoxe a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e que permitirá unha tripla simplificación para a materia que regula: lexislativa, coa derrogación doutros tres textos do mesmo rango; administrativa, reducindo prazos e trámites e gañando en participación e descentralización; e clasificatoria no que atinxe aos bens, pois rebaixará as tres categorías preexistentes a dúas, o que clarifica os réximes de protección e as súas consecuencias xurídicas.

A nova lei, que entrará en vigor ao longo do verán, foi elaborada por técnicos cun amplo coñecemento práctico en materia de patrimonio cultural, suporá unha simplificación normativa respecto da situación actual, permitindo recoller os avances dispostos nas políticas de xestión patrimonial durante as dúas últimas décadas. Ademais procurará unha máis doada e eficiente cotiá e a máxima seguridade xurídica para a cidadanía acerca do noso patrimonio cultural.

Para isto consolídase o réxime e niveis de protección previstos na lei 8/95, introducindo medidas tendentes á súa mellora tanto no nivel da regulación internacional, coma no nivel da organización administrativa, na procura da simplificación do réxime. Finalmente, froito dese coñecemento máis detallado das faltas contra o patrimonio, na aplicación desta mellórase a precisión na relación de casos previstos no seu réxime sancionador, pasándose así de 23 infraccións administrativas tipificadas na norma do 1995 a 54 na actual.

sigue lendo en http://www.cultura.gal/gl/nova/22924

 

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 169 invitados y 2 miembros en línea

  • Elifnqdcew
  • ritamat

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.