III CARREIRA CAMIÑO DAS LETRAS. Santiago de Compostela, domingo, 15 de maio de 2016
- Detalles
- Categoría: Santiago de Compostela
- Publicado: 09.05.2016
- Escrito por admin
A Carreira Camiño das Letras celebra este ano a súa terceira edición para conmemorar, a través da práctica deportiva e da posta en valor da ruta xacobea, as Letras Galegas, que a Real Academia Galega lle dedica en 2016 ao poeta Manuel María. Promovida por Xurdir S.L co apoio da Consellería de Cultura e Educación, a nova proba realizarase na capital de Galicia o vindeiro 15 de maio a partir das 10:00 horas, desde A Lavacolla ata o Estadio de San Lázaro, polo Camiño de Santiago.
Para os nenos e nenas, a carreira volverá ofrecer un circuíto especial, que se desenvolverá nos arredores do Estadio de San Lázaro, coas categorías de pitufos, prebenxamín-benxamín, alevín-infantil e cadete-xuvenil, a partir das 11:30 horas.
Todas as persoas que participen na carreira recibirán como agasallo un libro e un diploma. Ademais, os tres primeiros clasificados da proba absoluta e de cada unha das categorías recibirán un trofeo e un lote de libros. O centro escolar e o club cuxo que mais alumnos e alumnas acheguen á proba recibirán tamén un trofeo e un lote de libros.
Inscrición en www.carreirasgalegas.com
A inscrición para participar na carreira, apadriñada un ano máis polo actor e presentador Roberto Vilar e que forma parte do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo, está aberta a través da páxina web www.carreirasgalegas.com. A recollida de dorsais será no punto de información da planta baixa do Centro Comercial As Cancelas de Santiago de Compostela, os días 13 e 14 de maio de 11:00 a 20:00 horas) e na secretaría da carreira no Estadio de San Lázaro a partir das 09:00 horas.
fonte http://www.xunta.gal