Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

9 de Xuño de 2016, comeza a andar o Programa Aceleratic (Santiago)

O obxectivo principal deste programa formativo é achegar aos directivos da PEME galega as craves e principais novidades no ámbito dixital, co fin de que reflexionen sobre os aspectos e novidades tecnolóxicas que poden ser de utilidade no día a día das empresas.

A finalidade é construír un perfil directivo que manexe o dixital dende un punto de vista estratéxico. E dicir, que adquira as habilidades necesarias para entender o valor que aportan as tecnoloxías ao negocio e impulse os cambios necesarios na empresa para unha verdadeira transformación dixital.

O programa estrutúrase ao redor de 6 sesións de transformación dixital de 8 horas cada unha centrada nas seguintes temáticas:

  • 09/06/2016. Estratexia para a nova contorna dixital. Fundamentos dunha estratexia dixital, novos modelos de negocio baseados no dixital, tendencias (cloud, bigdata, mobilidade, internet das cousas) e analizar as oportunidades e retos da contorna dixital.
  • 16/06/2016. Marketing dixital para PEMEs. Novos canles de comunicación dixital existen, como son os novos consumidores, técnicas dixitais de atracción, captación, conversión e fidelización de clientes.
  • 23/06/2016. Comercio electrónico. Analizarase as dimensións comerciais e loxísticas, trasladando a importancia dunha estratexia multicanle, así como os procesos da entrega dos produtos.
  • 29/06/2016. Big Data & Business Intelligence para o control de xestión empresarial. Analítica para o cálculo de tendencias e prediccións coa finalidade de implantar solucións de analítica en base a datos de control de xestión.
  • 07/07/2016. Análise de datos para o control da estratexia dixital. Definición de indicadores para unha estratexia dixital, ferramentas de medición como Google Analytics e sistemas chave para a medición de campañas e resultados.
  • 13/07/2016. Transformación e xestión do cambio na organización. Concienciación e capacitación non só en competencias dixitais, senon en manter unha actitude máis flexible e aberta aos cambios que require a transformación dixital.

 

PREINSCRICIÓN

As prazas para participar neste programa formativo están limitadas, polo que se abre un proceso de preinscrición que permanecerá aberto ata o luns 6 de xuño.

A preinscripción pode realizarse a través do seu Espazo Empresa e Profesionais, no correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou no teléfono 881 995 200.

De entre as solicitudes recibidas a Amtega seleccionará a 25 directivos para cada sesión formativa. Aqueles directivos que completen as seis xornadas, recibirán o título “Programa Especializado en Transformación Dixital da Empresa” outorgado pola Escola de Negocios Afundación.
 

LISTADO DE EMPRESAS ADMITIDAS

fonte e máis info en  https://cdtic.xunta.gal/programa-formativo-aceleratic

 

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 190 invitados y 2 miembros en línea

  • LarryBleve
  • pattyrn16

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.