Todo preparado para o festival Cortapega de música electrónica
- Detalles
- Categoría: Santiago de Compostela
- Publicado: 16.12.2015
- Escrito por Super User
Cortapega, o novo ciclo de Desconcierto Cultural, é unha aposta pola música electrónica nesta nova era na que a produción musical transcende ás prácticas tradicionais. O seu obxectivo é pór en valor esta manifestación artística, que cada día conta con máis seguidores e artistas en Galiza, non só potenciando a escena galega, senón achegando tamén á nosa comunidade referentes da música de vangarda doutras latitudes.
A estrea de CortaPega será o próximo 18 de decembro en Santiago de Compostela. A música electrónica caracterízase pola súa gran variedade, polo que a proposta será esencialmente ecléctica. Haberá música de sofá, pero tamén música coa que poder amencer, e estilos nos que ambas se fundan. Tamén estarán presentes interesantes proxectos internacionais, nacionais, así como algunhas das iniciativas galegas máis vangardistas
John Grvy (Live)
Morales (Live)
Korokati (Live)
Fire to Fire (DJ set)
Disco Episcopal
+info www.cortapega.gal