Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

A Cidade da Cultura de Santiago será o escenario este sábado da Gala do Ciclismo Galego 2015

 

A Federación Galega de Ciclismo celebrará este sábado 27 de febreiro a gran festa anual do seu deporte. O salón de convencións do edificio CINC da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) acollerá a Gala do Ciclismo Galego 2015, un acto que arrancará ás 20:00 horas e no que se entregarán as distincións aos gañadores da pasada temporada a nivel autonómico, estatal e internacional, e no que se homenaxeará a dez destacados membros do mundo da bicicleta en Galicia. 


A lista de premiados polos resultados acadados durante o 2015 situase preto dos 70 deportistas. Entre eles están os vencedores nos rankings dos Open de Galicia do pasado curso das distintas modalidades: Estrada, Ciclocross, BTT-XCO, BTT-XCM, BTT-Enduro e BTT-DH. Tamén se recoñecerán os triunfos dos corredores galegos a nivel estatal nos campionatos e nas copas de España. 
Para pechar o apartado do que foi a última temporada, serán galardoados os protagonistas de dous importantes éxitos a nivel internacional. Por unha banda, Pablo Rodríguez Gude pola súa vitoria no Campionato de Europa e subcampionato da Copa do Mundo Sub 23 de Cross Country Olímpico (XCO) e pola outra José Enrique Porto Lareo, que logrou o segundo posto no Campionato de Europa de Ciclismo Adaptado.

sigue a ler en http://www.fgalegaciclismo.es

 

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 166 invitados y 2 miembros en línea

  • Elifnqdcew
  • ritamat

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.