Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

A Xunta financiará con máis de 2 millóns de euros doce obradoiros de emprego na Coruña e a súa área de influencia

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, financiará este ano un total de 12 obradoiros de emprego en concellos da Coruña e a súa área de influencia. Para elo, investirá máis de 2 millóns de euros que servirán para dar formación a 240 persoas.

A achega da Xunta a cada obradoiro de emprego que se poña en marcha é de 180.000 euros, mentres que para os específicos de garantía xuvenil o financiamento por parte do goberno autonómico sitúase en torno aos 130.000 euros.

Como xa sucedera nos últimos anos, a maior parte dos concellos teñen decidido agruparse para a posta an marcha dos seus obradoiros e, así, xurde o proxecto O Fogar da Montaña, compartido por Sobrado, Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía e Toques, que formarán aos alumnos que resulten seleccionados nas especialidades de atención sociosanitaria a persoas no domicilio e atención sociosanitarias a persoas dependentes en institucións sociais. Nestas mesmas especialidades formaranse os alumnos dos concellos de Betanzos, Abegondo, Paderne e Coirós, aos que a Xunta lles concedeu o obradoiro Integración social e coidado á dependencia; os de Miño, Paderne e Pontedeume, cun proxecto denominado Sociosanitario I; os de Oza-Cesuras e Coirós, co obradoiro Activa I; e os de Cambre e Sada co programa Atención Sociosanitaria II.

Aos municipios de A Laracha e Arteixo, pola súa banda, a Xunta lles achegará a subvención de 180.000 euros para a posta en marcha do proxecto Colaborando polo emprego III; mentres que ao redor de 20 persoas desempregadas de Aranga, Irixoa, Monfero e Vilarmaior poderán formarse entre os meses de setembro e marzo próximo en todo o relacionado coas técnicas de axardinamento. Traballarán en parques municipais e espazos públicos.

Tamén a Xunta concedeulle ao Concello de Oleiros a continuidade do seu programa de Acondicionamento da Finca Tenreiro, e ao Concello da Coruña un obradoiro para o mantemento de zonas verdes na praia das Lapas.

Os obradoiros de emprego, que acollen a 10 alumnos por especialidade e que contan cun financiamento de 180.000 euros cada un por parte da Xunta, son programas mixtos de formación e emprego que contan con numerosas vantaxes. En primeiro lugar, a posibilidade de acceder a un posto de traballo. Así mesmo, ofrece unha formación teórica e práctica de calidade, orientada ás necesidades reais do mercado laboral e vinculada á obtención dun certificado de profesionalidade de validez nacional que contribúe á mellora da súa empregabilidade. Este tipo de iniciativas abre un importante espazo de colaboración cos concellos no marco da aposta da Xunta pola eficiencia e optimización de recursos, co obxectivo de orientar adecuadamente os esforzos. Ademais, os obradoiros están vinculados á realización de obras e servizos de interese para a comunidade.

Impulso ao emprego xuvenil
Tamén nesta quenda de obradoiros de emprego atópanse os específicos de garantía xuvenil que, no caso da contorna da Coruña, terán lugar nos próximos meses nos municipios de Culleredo (Dinamización Xove do Turismo), Abegondo, Bergondo, Carral, Mesía e Oza-Cesuras (Valorización de espazos públicos e mellora dos servizos municipais), e Arteixo (Arteixo pola capacitación xuvenil).

O obxectivo destes programas específicos, dirixidos a mozos de entre 16 e 29 anos, pasa por que os participantes poidan recibir unha oferta de emprego; de educación continua; formación de aprendiz ou acceder a un período de prácticas nun prazo de catro meses despois de acabar a educación formal ou quedar desempregados.

fonte http://www.xunta.gal

 

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 114 invitados y 4 miembros en línea

  • BrianLet
  • FrankTwept
  • JamesmuS
  • Rodneyfut

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.