Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

Galicia pecha 2015 con 23.110 persoas desempregadas menos que hai un ano

Galicia pechou 2015 con 23.110 persoas desempregadas menos que en decembro de 2014.

Isto supón un comportamento mellor que a media do Estado, xa que Galicia baixa 1,21 puntos máis que España, que pechou o ano cunha baixada de -7,96%. Grazas a esta evolución, Toca afirmou que “a nosa Comunidade sitúase a niveis de paro inferiores aos de decembro de 2010, é dicir, de hai 5 anos”.

Galicia mantén esta boa evolución interanual do paro rexistrado, pese a que no dato intermensual (decembro con respecto a novembro) medra nun 1,6%. Neste senso, a secretaria xeral de Emprego explicou que decembro é un mes no que se producen ascensos do paro rexistrado durante toda a serie histórica, é dicir, en todas as estatísticas publicadas desde 1996, factor que tamén ten que ver con que o turismo nesta época do ano en Galicia non ten impacto sobre a creación de emprego como noutras comunidades, como poden ser Cataluña, Madrid, Canarias e Andalucía.

Con respecto aos datos por provinciais, ao peche de 2015 todas reduciron o numero de persoas desempregadas. A Coruña rexistrou unha baixada con respecto ao 2014 de -9,38%; Lugo un descenso de -9,01%; Ourense un -7,63% e Pontevedra baixou un -9,43%.

Ademais, Toca afirmou que desde novembro de 2013 é a vixésimo sexta baixada interanual consecutiva do paro rexistrado que experimenta a nosa Comunidade, ao tempo que sinalou que “por terceiro ano consecutivo logra reducirse o paro nun mes de decembro de xeito interanual”. De feito, a redución deste ano é a maior das tres producidas. Cómpre destacar, así mesmo, que esta redución interanual é a maior de toda a serie histórica en termos absolutos e a terceira en termos relativos.

Na evolución dos contratos, é preciso sinalar que Galicia pecha o ano con 9.552 contratos máis, o que supón un incremento do 16,16%. No conxunto do Estado, a subida foi dun 15,23%. A afiliación interanual aumenta en Galicia nun 2,12%, isto é, 19.641 afiliacións máis. Xa son 21 subidas consecutivas desde o mes de abril de 2014, nas que Galicia rexistra unha interanual positiva en termos de afiliación á Seguridade Social. Isto, segundo destacou Toca, quere dicir que o crecemento estase a consolidar.

http://www.xunta.es

 

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 131 invitados y ningún miembro en línea

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.