Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

O Sergas publica o lugar e data de realización dos exercicios da fase de oposición da OPE de medicina de familia e enfermería

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o anuncio polo que se fai público o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso nas categorías de medicina de familia e enfermería do Servizo Galego de Saúde, convocadas por resolución do 10 de decembro de 2014 (DOG nº242 do 18 de decembro).

En total, resultaron admitidos para a realización das probas un total de 9.528 aspirantes admitidos, dos cales 8.488 corresponden á categoría de enfermeiro e 1.040 á categoría de médico de familia. O proceso selectivo conta cun total de 287 plazas convocadas: 82 para medicina de familia, e 205 prazas da categoría de enfermería.

As probas selectivas celebraranse o sábado, 23 de xaneiro, no Recinto da Feira Internacional de Galicia (Silleda-Pontevedra). Os aspirantes da categoría de medicina de familia examinaranse en xornada de mañá, estando previsto o inicio do chamamento ás 9.30 horas; e os aspirantes de enfermería están convocados para a realización das probas ás 16:00 horas.

Realizaranse na data prevista e para ambas categorías todos os exercicios que integran a fase de oposición. Os aspirantes serán convocados nun único chamamento e serán excluídos do concurso oposición os que non comparezan. Non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non comparecencia.

Na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), sección de emprego público, quedarán publicadas as distintas portas de acceso ao recinto de realización das probas así como os aspirantes asignados a cada unha delas.

As persoas aspirantes deberán ir provistas do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, e de bolígrafo azul ou negro, de tinta indeleble. Non se permitirá o acceso ao recinto con teléfono móbil nin ningún outro dispositivo electrónico e non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Este proceso selectivo incorpora importantes novidades tendentes a dotar dunha maior seguridade ao proceso nas súas diversas fases, entre as que cómpre destacar, a posta a disposición dos tribunais de selección dunha plataforma securizada para a elaboración de cada un dos exercicios da fase de oposición, garantindo deste xeito a trazabilidade de todo o proceso, así como a selección aleatoria e automatizada das preguntas de exame.

fonte xunta.es

 

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 130 invitados y ningún miembro en línea

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.