Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

O Club Ciclista Barbanza organiza o XXVIII Trofeo Ciclo-Cross Concello de Boiro

A proba raíña masculina é o mellor exemplo. Paulo González (Salvaterra) e Adrian Valverde (Club Ciclista Rías Baixas) están igualados a 330 puntos ao fronte da táboa Elite e Sub 23, con Mauro González (Salvaterra) como inmediato perseguidor a 30 puntos de distancia. Maís definida está a clasificación feminina con Lucía Vázquez (PC Quintena) liderando cun colchón de 150 puntos de vantaxe, pero a biker de Vilaboa non participará nesta carreira, unha oportunidade que intentará aproveitar Sandra Moral (María) para reducir a diferencia.

No resto de categorías os maillots de primeiros clasificados defenderanos Sara Trigo (Salvaterra) en Junior feminino; Pablo Álvarez (Cambre) en Junior masculino; María Correa (El Rosal) en Cadete feminino; Mario Fernández (El Rosal) en Cadete masculino; Narciso Piñeiro (Spol) en Master-30; Guillermo Álvarez (Fornelos) en Master-40; e Javier de la Fuente (Betanzos) en Master 50-60.

O circuito boirense ten unha lonxitude de 2.400 metros e caracterízase por ser moi rápido. Presenta seis subidas, unha delas con escaleiras, pero o seu perfil é principalmente chan. Destaca o seu paso por unha zona de auga e outra de area en Praia Xardín.

A primeira vez que o Club Ciclista Barbanza, fundado en 1984, promoveu unha carreira de ciclocross neste escenario foi en 1987 e dende entón vense celebrado ininterrumpidamente. O traballo coa base é un dos puntos fortes desta entidade, que aproveitará a cita deste domingo para celebrar unha carreira Infantil.

A Federación Galega de Ciclismo impulsa este ano a Copa Galicia de Ciclocross aglutinando tódalas competicións do calendario autonómico desta modalidade. Trátase dun certame no que tódalas súas probas tamén son puntuables para o ranking español e contan con cobertura televisiva para un posterior resumo na segunda canle da televisión autonómica (Tvg2).

Cancelación

Nas últimas horas confirmouse que a quinta xornada deste torneo, que estaba prevista para o 8 de decembro en Marín, no se poderá celebrar por problemas de organización. Polo tanto, será Viveiro quen tome o relevo de Boiro o domingo 13 de decembro.

- Federación Galega de Ciclismo

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 87 invitados y ningún miembro en línea

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.