Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

II Campus Deportivo de Nadal Concello da Estrada 2015

A actividade está dirixida para nenos de 5 a 15 anos e terá lugar na zona deportiva do concello en horario de 10.00 ás 14.00 horas. O prezo será de 25 euros por participante e variará segundo os membros da unidade familiar que participen. Así, para o segundo membro da mesma unidade familiar o prezo será de 15 euros, para o terceiro membro da mesma unidade familiar o prezo será de 10 euros e a partir do cuarto membro o precio será gratuito.

As actividades que oferta o Campus Deportivo de Nadal son, entre outras: fútbol, baloncesto, atletismo, bádminton, tenis, obradoiros e xogos de iniciación para os máis pequenos.

Non hai limite de prazas para a inscripción, pero para que se leve a cabo o campus terá que haber como mínimo 10 inscritos.

 

A duración do Campus Deportivo de Nadal é dende o 21 de Decembro ata o 5 de Xaneiro. Os días que haberá actividade serán o 21, 22, 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de Decembro e o 4 e 5 de Xaneiro.

 

O prazo de inscrición remata o mércores día 16 de Decembro e os interesados en formalizar a inscrición -sen realizar pago de ningún tipo- deberán de facelo de forma presencial no Concello (planta baixa) a partir do vindeiro luns día 7 de decembro. A inscrición debe de ser realizada polo pai/nai ou titor legal, Non se poderán facer inscricións no nome de terceiras persoas. O pago farase o principio da actividade.

 

fonte http://www.aestrada.com

 

 

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 26 invitados y ningún miembro en línea