Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

Festa da Xiba de Sada, 27 e 28 de maio de 2016

Fiel á súa cita desde o ano 2009 o último fin de semana do mes de maio celebrarase a VII Festa da Xiba de Sada.

Un total de 32  establecementos hostaleiros do termo municipal paraticiparán nunha ruta gastronómica "á que sumaranse outras nas que se está traballando e coas que se agarda enriquecer e potenciar á oferta hostaleira de Sada" sinala o concelleiro de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, Xosé Lois Suárez Becerra.

A concellaría repartirá gratuitamente un total de 600 quilogramos deste cefalópodo entre os locais apuntados a esta festa gastronómica que xunto coa sardiñada do mes de agosto representan as citas gastronómicas máis importantes de Sada.

Desde a concellaría de Promoción Económica agradecen á confraría de Sada a colaboración prestada e animan a todos os veciños e visitantes a degustar un dos produtos máis singulares da nosa zona que se preparará de numerosas maneiras nesta edición.

Os locais participantes elaborarán tapas que repartirán de maneira gratuíta durante o fin de semana que dura a festa gastronómica. Entre as propostas que presentan os locais moitas son realizadas na súa maneira tradicional (xiba en tinta, xiba con arroz, xiba con fideos ou xiba en tarteira) pero tamén nesta edición preséntanse novas interpretacións de pratos co cefalópodo como pode ser en tosta, xiba rebozada, xiba con fabas, mini-burguer de xiba ou ceviche de xiba.

Cartaz Xiba

- Bases VII Certame Festa da Xiba

fonte concello de Sada

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 108 invitados y 2 miembros en línea

  • Connielob
  • JeremyViend

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.