Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

Concello de Betanzos, Cruz Vermella e Clube Kwon organizan exhibición benéfica‏

O vindeiro sábado 19 de Decembro, o clube de Taekwondo Kwon Betanzos organiza por terceiro ano consecutivo unha exhibición benéfica para recoller alimentos para as familias máis necesitadas da comarca

Colaboran nesta iniciativa o Concello de Betanzos e Cruz Vermella Betanzos, entidade que será a encargada do reparto dos alimentos. Ás 12:00 horas abriranse as portas do Pavillón Municipal de Betanzos para comezar coa recollida dos alimentos, e pouco despois dará comezo unha exhibición de Taekwondo que realizarán os alumnos e alumnas do Clube Kwon.

O obxectivo marcado non será doado: superar a cifra máxica dos 1000 kilogramos, tras lograr pasar o ano pasado da media tonelada de alimentos (540 kg). Para iso, dende o Concello, Cruz Vermella e Clube Kwon estanse volcando na difusión do evento para que se achegue o maior número de xente posible a colaborar con esta iniciativa solidaria e desfrutar do espectáculo que brindarán os taekwondistas brigantinos.

Dende Cruz Vermella agradecen calquera aportación, pero priorizan a aportación de aceite, leite, cacao, galletas e conservas, alimentos dos que teñen maior carencia para repartir entre as familias máis necesitadas.

via http://www.stadiosport.es

 

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 139 invitados y 3 miembros en línea

  • aptrundeuMiz
  • prescolmaMiz

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.