Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

CONCELLO DE NARON: ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO "I CAMPUS TECNOLÓXICO NARÓNTECH"

Convócase  o “I Campus Tecnolóxico Naróntech”, unha iniciativa dirixida a rapaces e rapazas empadroados en Narón de entre 8 e 14 anos. A edil da área, Natalia Hermida, explicou que a convocatoria se desenvolverá os días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de decembro na Aula Cemit de Xuvia e anunciou que o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 15 deste mes. O Concello oferta un total de 30 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición.
Na convocatoria os participantes terán a oportunidade de adquirir coñecementos sobre programación de videoxogos, do mundo Minecraft ou de robótica, entre outros temas, como a potenciación das súas habilitades informáticas e tamén da súa creatividade. Os alumnos dividiranse en dúas quendas, de mañá e tarde, que se desenvolverán entre as 10.00 e as 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, tal e como apuntou a concelleira de Novas Tecnoloxías.
As persoas interesadas en participar deberán entregar no Rexistro do Concello unha solicitude na que figuren os seus datos, que poderán pedir no propio rexistro ou descargar da páxina web do Concello de Narón –www.naron.es-.

Para recibir máis información sobre este campus tamén se pode chamar ao número de teléfono 647 787 006.

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 85 invitados y ningún miembro en línea

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.