Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

Máis de 2.500 opositores da Xunta de Galicia realizarán o primeiro exame entre o 27 de maio e o 11 de xuño

Máis de 2.500 persoas que preparan oposicións á Xunta de Galicia realizarán o primeiro exame entre o 27 de maio e o 11 de xuño. A Consellería de Facenda, a través da Dirección Xeral da Función Pública, comunicou hoxe as datas de celebración das probas, que varían en función do proceso selectivo e ás cales hai un total de 2.568 persoas admitidas.

Do total de aspirantes, 2.012 opositores aspiran a unha praza a través do proceso de promoción interna. Esta é unha oposición restrinxida a funcionarios, que lles permite acceder a un posto de maior categoría; e que garante a promoción profesional cunha oposición menos esixente que a que afronta unha persoa non funcionaria para o mesmo posto.

Outras 443 persoas aspiran a unha praza na Escala Técnica de Finanzas –subgrupo A2- e 113 persoas aspiran a acceder á Escala Superior de Finanzas –subgrupo A1-, en ambos casos a través dunha oposición de acceso libre.

Destes seis procesos selectivos, a proba máis numerosa será a de promoción interna para o corpo administrativo, con 1.147 aspirantes admitidos. O primeiro exercicio terá lugar o vindeiro 27 de maio e, dado o número de aspirantes, celebrarase no recinto feiral de Silleda.

Tamén en promoción interna, o primeiro exercicio para o acceso ao corpo auxiliar celebrarase o 28 de maio na facultade de Económicas da Universidade de Santiago (USC), con 322 persoas admitidas; o de corpo superior será o 4 de xuño na facultade de Dereito da USC, con 86 admitidos; e o de acceso ao corpo de xestión será o 3 de xuño, tamén na facultade de Dereito da USC e con 457 persoas admitidas.

Acceso libre
Outros 556 opositores están chamados a realizar o primeiro exercicio para oposicións de acceso libre á Xunta de Galicia, ás que se pode presentar calquera persoa que quere traballar na Administración autonómica e cumpre os requisitos.

Na Escala Superior de Finanzas -subgrupo A1- hai 113 persoas admitidas, e a primeira proba realizarase o 11 de xuño na facultade de Económicas da USC, e na Escala Técnica de Finanzas –subgrupo A2- hai 443 opositores admitidos, que realizarán o primeiro exercicio o 10 de xuño na facultade de Dereito da USC.

http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/2501/mais-2-500-opositores-xunta-galicia-realizaran-primeiro-exame-entre-27-maio-11

 

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 59 invitados y un miembro en línea

  • Miltonwrove

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.