Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

A FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO CONVOCA AS “AXUDAS GALICIA-RÍO 2016”

A Fundación Deporte Galego vén de convocar, a través do Diario Oficial de Galicia, a primeira fase das Axudas a Deportistas Galegos/as de Alto Nivel, baixo a denominación de Axudas Galicia – Río 2016.

Como en exercicios anteriores, a Fundación Deporte Galego está a desenvolver un plan de axudas aos deportistas galegos/as que están a competir no máis alto nivel deportivo de ámbito estatal, europeo e mundial, cunha liña específica para aqueles/as deportistas que acadaron a súa clasificación para os XXOO/XXPP de Río 2016, a celebrarse neste exercicio. Inclúese tamén, a liña de axudas a deportistas galegos/as de alto nivel (DGAN) que vén concedendo a Fundación no seu obxecto de promoción do deporte de alto nivel da Comunidade Autónoma, orientada ao resto de Deportistas recoñecidos pola Secretaría Xeral para o Deporte como Deportistas Galegos/as de Alto Nivel na última listaxe publicada, que non reúnan os requisitos para ser beneficiarios/as da primeira fase anteriormente citada e acrediten oficialmente estar a competir no alto nivel deportivo estatal e internacional, liña esta última que se convocará ao longo deste exercicio 2016.

Nesta primeira fase, establécense tres tipos de “Axudas Galicia-Río 2016”: a Axuda Galicia-Río 1 dotada con 12.000 euros, a Axuda Galicia-Río 2, dotada con 9.000 euros e a Axuda Galicia-Río 3 dotada con 6.000 euros.

Segundo as bases dispoñibles na sede da Fundación Deporte Galego e na web deporte.xunta.gal, o prazo de presentación das solicitudes desta primeira fase, comezará a contar dende o seguinte día da publicación do anuncio destas bases no Diario Oficial de Galicia, e permanecerá aberto permanentemente ata a data en que rematen os XXOO/XXPP de Río 2016.

Documentos para descargar:

fonte http://deporte.xunta.gal

 

 

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 164 invitados y 2 miembros en línea

  • Connielob
  • JeremyViend

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.