Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

Case 14.000 persoas están convocadas esta fin de semana en Silleda ás oposicións da Xunta e o Sergas

Case 14.000 persoas están convocadas a realizar esta fin de semana oposicións de acceso á Xunta, que se celebran no recinto da Feira Internacional de Galicia, na localidade pontevedresa de Silleda. Un total de 12.699 aspiran a diversas categorías do Servizo Galego de Saúde (SERGAS); e 1.147 para o corpo administrativo da Administración Xeral, pola quenda de promoción interna.

Os exercicios celébranse entre hoxe e este domingo 29 de maio. As probas comezarán hoxe pola mañá, co primeiro exercicio da oposición para o corpo administrativo da Administración da Comunidade Autónoma (subgrupo C1), pola quenda de promoción interna.

Trátase dunha oposición restrinxida a funcionarios, que lles permite acceder a un posto de maior categoría; e que garante a promoción profesional cunha oposición menos esixente que a que afronta unha persoa non funcionaria para o mesmo posto. O exame consistirá nun test de 60 preguntas.

Na xornada de mañá sábado, pola mañá desenvolveranse as probas do SERGAS correspondentes ás categorías de logopeda, técnico en farmacia e técnico superior en radioterapia. Este mesmo día pola tarde tamén se realizarán as probas da categoría de técnico en coidados auxiliares de enfermaría.

Finalmente, o domingo 29 pola mañá terán lugar os exercicios das categorías de fisioterapeuta; técnico superior en hixiene bucodental; e técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico. Xa pola tarde, desenvolveranse as probas para as categorías de enfermeiro especialista en obstetricia e xinecoloxía; técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía; técnico superior en imaxe para o diagnóstico; e terapeuta ocupacional.

Corpo auxiliar subgrupo C2
Ademais, esta fin de semana 322 aspirantes están chamados tamén a realizar oposicións ao corpo auxiliar da Administración subgrupo C2 pola quenda de promoción interna. O primeiro exercicio terá lugar mañá en Santiago, e consistirá nun test de 50 preguntas. A proba celébrase na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago.

fonte http://www.xunta.gal

 

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 162 invitados y 2 miembros en línea

  • Connielob
  • JeremyViend

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.