Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

Convócase unha nova edición dos Premios da Cultura Galega

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca unha nova edición dos Premios da Cultura Galega, uns galardóns que teñen por obxecto apoiar a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección da construción cultural de Galicia nos diferentes ámbitos.

A nova edición dos premios, que se publica hoxe no ‘Diario Oficial de Galicia’, está dirixida a persoas, colectivos ou entidades con traxectoria vinculada ás letras, ás artes plásticas, ás artes escénicas, á música, ao audiovisual, á lingua, ao patrimonio cultural e á proxección exterior, que son as oitos modalidades que contemplan os galardóns. Os detalles da convocatoria poden consultarse neste enlace.

Prazo de presentación de candidaturas
As candidaturas poderán ser presentadas ata o vindeiro 4 de agosto por institucións e entidades culturais ou profesionais, públicas ou privadas, relacionadas co obxecto de cada premio, sen que os candidatos se poidan postular a si mesmos.

O xurado, conformado por representantes da Consellería de Cultura e Educación, do Consello da Cultura Galega, da Universidade de Santiago de Compostela (en representación rotatoria das universidades galegas), da Real Academia Galega e da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, ademais de catro profesionais independentes, serán os encargados de escoller os premiados desta nova edición.

En cada unha das modalidades, os Premios da Cultura Galega concederán un único premio e non poderá recaer máis dun premio na mesma persoa. O galardón consistirá nunha escultura ou obxecto conmemorativo realizado por un artista galego de recoñecido prestixio e nun diploma acreditativo.

Máis de 40 candidaturas en 2015
Os Premios da Cultura Galega recoñecen o labor creativo que entidades e persoas están a desenvolver en Galicia no ámbito cultural. Na edición de 2015, na que se recibiron máis de 40 candidaturas, os galardoados foron Fina Casalderrey, Miguelanxo Prado, María Bouzas, o Real Coro Toxos e Froles, Ignacio Vilar, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial Culturmar e Kathleen Nora March nas modalidades de letras, artes plásticas, artes escénicas, música, audiovisual, lingua, patrimonio cultural e proxección exterior, respectivamente.

Podes consultar aquí as bases dos Premios.

fonte http://www.cultura.gal/gl/nova/23858

 

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 107 invitados y 2 miembros en línea

  • Connielob
  • JeremyViend

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.