Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

Probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, para o ano 2016

Resolución do 23 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016.

Obxecto:

Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016.

Persoas destinatarias.

As persoas maiores de 16 anos, ou que os fagan antes de finais do ano 2016, nacionais ou estranxeiras.

Datas de realización das probas.

  • Celga 4: 2 de abril de 2016.
  • Celga 2: 3 de abril de 2016.
  • Celga 3: 9 de abril de 2016.
  • Celga 1: 10 de abril de 2016.

Se o número de aspirantes non permitise rematar as probas orais no día sinalado nesta resolución, a avaliación continuará realizándose o día ou días que determine a Comisión Central de Avaliación, que serán debidamente publicitados.

Lugares onde se van realizar as probas e niveis.

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

Os lugares concretos e o horario indicaranse cando se fagan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada proba de nivel Celga.

Contía das taxas de exame.

Segundo o previsto na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, o importe da taxa para inscribirse nas probas Celga será de 15,61 euros.

Solicitudes:

Os formularios de solicitude, segundo o modelo ED114A, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.es e na páxina web http://www.lingua.gal, que permite cubrir e editar a solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 8 de febreiro de 2016.

Acceso ao DOG

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 160 invitados y 2 miembros en línea

  • Connielob
  • JeremyViend

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.