Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

Certificación galega en competencias dixitais

Resolución do 20 de xaneiro de 2016 pola que se efectúa unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.

Obxecto

Obter a certificación galega de competencias dixitais, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro, trala adquisición, mediante un curso de preparación na modalidade de teleformación, das capacidades que constitúen o Plan formativo ofimático de Galicia e a súa posterior avaliación a través da correspondente proba presencial.

Destinatarios

Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición.

Organización do curso

  • Número de prazas: 180.
  • Duración: 12 semanas (190 horas lectivas).
  • Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT.
  • Datas de realización: dentro do primeiro semestre do ano 2016.

No curso desenvolveranse os seguintes temas:

  • Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (30 horas).
  • Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer (30 horas).
  • Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc (50 horas).
  • Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base (50 horas).
  • Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress (30 horas).

O prazo para a inscrición será de cinco (5) días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

 

Acceso ao DOG

via educoruna.es

 

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 59 invitados y un miembro en línea

  • Miltonwrove

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.