Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

Probas libres ESO para maiores de 18 anos

REQUISITOS:

  • Teren cumpridos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.
  • Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de ESO.
  • Non estaren nin ter estado matriculadas no curso 2015/16 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
  • O alumnado matriculado durante o curso 2015/16 na ESA poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
    • Para acudir á primeira convocatoria: solicitar a baixa nas ensinanzas do 2º cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do 1º cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
    • Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no 2º cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

CONTIDOS:

Os contidos da proba están integrados nos seguintes ámbitos:

  • a) Ámbito da comunicación: abrangue exercicios das materias de Lingua galega e literatura, Lingua castelá e Literatura, e Lingua estranxeira (inglés ou francés).
  • b) Ámbito científico-tecnolóxico: abrangue exercicios das materias de Matemáticas, Ciencias da Natureza, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo da Educación Física.
  • c) Ámbito social: abrangue exercicios das materias de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Educación para a Cidadanía e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual, e Música.

MATRÍCULA:

  • Convocatoria de maio : do 7 ao 18 de marzo de 2016, ambos os dous incluídos.
  • Convocatoria de setembro: do 1 ao 8 de xullo de 2016, ambos os dous incluídos.

* As persoas matriculadas para a 1ª convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos, consideraranse matriculadas para a 2ª convocatoria.

 

LUGARES

Na Coruña, a persoa deberá matricularse atendendo á 1ª letra do seu primeiro apelido:

  • Da letra “A” á letra “L”: Centro EPA Eduardo Pondal
    • R/Pepín Rivero, 3, 2º . 15011- A Coruña
    • Tel.: 981 278 035
  • Da letra “M” á letra “Z”: IES Rafael Dieste
    • R/ Prolongación Manuel Murguía, s/n (esq. Rda. Outeiro). 15011- A Coruña
    • Tel.: 981 277 911

DATAS DAS PROBAS

En sesións de mañá e tarde: de 8.30-13.15 e de 16.00-19.00 h

  • 27 de maio de 2016
  • 8 de setembro de 2016

PUBLICACIÓN:

DOG do 28 de xaneiro de 2016

INFORMACIÓN:

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Departamento territorial da Coruña. Edificio Administrativo de Monelos, 7º andar
R/ Vicente Ferrer, 2. 15008 – A Coruña
Tel.: 981 184 700 / 981 184 731
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. / www.edu.xunta.es/web/ea

 

fonte http://edu.coruna.es/

 

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 56 invitados y un miembro en línea

  • Miltonwrove

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.