Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

Título de Bacharel para maiores de 20 anos

MODALIDADES:

  • Ciencias e tecnoloxía.
  • Humanidades e ciencias sociais.

REQUISITOS:

  • Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2016.
  • Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
  • Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2015-2016.

CARACTERÍSTICAS DA PROBA:

A proba organizarase de xeito diferenciado segundo as dúas modalidades de bacharelato.
Constará de 2 exercicios: o 1º terá unha duración de 5 horas e o 2º de 3 horas e 30 minutos.
Os contidos dos exercicios terán como referente os aspectos básicos do currículo do bacharelato.
1º EXERCICIO, MATERIAS COMÚNS:

  • a) Primeira parte. Lingua galega e literatura. (* posibilidade solicitude exención, se procede).
  • b) Segunda parte. Lingua castelá e literatura.
  • c) Terceira parte. Lingua estranxeira: inglés ou francés.
  • d) Cuarta parte. Resto materias comúns: Ciencias para o mundo contemporáneo, Filosofía e cidadanía, Historia da filosofía e Historia de España.

2º EXERCICIO, MATERIAS DE MODALIDADE:

Ciencias e tecnoloxía:

Parte 1:

  • Matemáticas (I e II)

Parte 2: unha destas opcións:

  • Física e química e Física
  • Física e química e Química
  • Física e química e Electrotecnia
  • Debuxo técnico (I e II)

Parte3: unha destas opcións

  • Bioloxía e xeoloxía e Bioloxía
  • Bioloxía e xeoloxía e Ciencia da Terra e ambientais
  • Tecnoloxía industrial (I e II)

 

Humanidades e ciencias sociais

 

Parte 1:

  • Historia do mundo contemporáneo e Xeografía

Parte 2: unha destas opcións

  • Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais (I e II)
  • Latín (I e II)

Parte 3: unha destas opcións

  • Economía e Economía da empresa
  • Grego (I e II)
  • Literatura universal e Historia da arte

 

DATAS DE INSCRICIÓN:

Do 18 de febreiro ao 3 de marzo de 2016.

  • As persoas aspirantes poderán matricularse dos 2 exercicios que integran a proba ou de 1 deles.

 

LUGARES

Na Coruña, centro EPA Eduardo Pondal
R/ Pepín Rivero, 3. 15011- A Coruña
Tel.: 981 278 035

fonte edu.coruna.es

 

Outros centros

  • IES San Clemente (Santiago de Compostela)
  • Centro EPA de Albeiros (Lugo)
  • Centro EPA de Ourense (Ourense)
  • Centro EPA Berbés (Vigo)
  • Centro EPA Río Lérez (Pontevedra)

 

DATA E LUGAR DA PROBA

22 de abril de 2016.
En sesións de mañá e tarde: de 8.30-14.30 e de 16.30-20.30 h. No IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n. 15705- Santiago de Compostela. Tel.: 981 580 496

 

PUBLICACIÓN

DOG do 28 de xaneiro de 2016.

 

INFORMACIÓN

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Departamento territorial da Coruña Edificio Administrativo de Monelos, 7º andar. R/ Vicente Ferrer, 2. 15008 –A Coruña
Tel.: 981 184 700 / 981 184 731
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. / www.edu.xunta.es/web/ea

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 149 invitados y 2 miembros en línea

  • Connielob
  • JeremyViend

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.