Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

A Festa da Arribada de Baiona recibe en Fitur a Declaración de Festa de Interese Turístico Internacional

A Festa da Arribada de Baiona recibiu hoxe de mans da secretaria de Estado de Turismo, Isabel Borrego, a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional.

O acto celebrado en Fitur, no espazo dedicado a Galicia, contou tamén coa participación da directora de Turismo de Galicia quen destacou a importancia que supón este recoñecemento tanto para esta festa como para toda a Comunidade galega.

Nava Castro destacou durante o acto que a Festa da Arribada da Carabela constitúe un evento esencial para o desenvolvemento turístico de Galicia. Neste senso, a directora de Turismo de Galicia sinalou que a categoría e relevancia acadada por este festa fan que a súa celebración acade unha incidencia directa no que atinxe á divulgación da oferta turística galega vinculada aos seus extraordinarios recursos turísticos e ao impulso da mellora económica do sector.

A responsable de Turismo da Xunta destacou que a Arribada da Carabela Pinta a Baiona é a única festa destas características que se celebra en Galicia polo que converteuse nunha referencia imprescindible e nunha cita ineludible no calendario de festas da comunidade autónoma galega. “Esta festa foise consolidando co paso dos anos e hoxe é un referente turístico que durante os seus días de celebración xunta máis de 200.000 persoas de todas partes do mundo”, afirmou Nava Castro.

Unha festa histórica
A orixe histórica desta festa data do ano 1943, cando o un de marzo Martín Alonso Pinzón arribou en Baiona e desde alí enviou a noticia do descubrimento de América aos Reis Católicos que se atopaban en Barcelona.

A tradición sinala que desde esa data se celebraron na vila multitude de actos conmemorativos do feito transcendental da arribada da carabela Pinta, o que fixo de Baiona o primeiro porto do vello continente en coñecer a noticia do Descubrimento.

Durante os días de celebración da festa, o centro histórico da vila de Baiona, declarado “Conxunto de Interese Histórico Artístico”, transformase e volta ao medievo.

As actividades que se desenvolven na festa son numerosas e de diversa índole: publicacións, exposicións, seminarios, conferencias, congresos e concertos.

Ademais inclúe actos como ofrendas florais, concesión de medallas e distintivos a persoas e institucións destacadas así como toda clase de actuacións relativas ao mercado medieval, rematando coa escenificación teatral da Arribada da Carabela Pinta á praia.

Así mesmo, a Festa da Arribada convértese na ocasión perfecta para dar a coñecer o turismo náutico e deportivo de Galicia xa que durante a súa celebración organízanse diversas probas, entre as que destaca a Regata del Descubrimiento con más de 3.500 millas de recorrido y con una participación de más de 70 barcos de distintos países.

fonte http://www.xunta.es

 

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 124 invitados y 3 miembros en línea

  • aptrundeuMiz
  • prescolmaMiz

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.