Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

Do do 18 ao 21 de maio no Porriño, Festival de Cans no Porriño

O Festival de Cans presentou hoxe o programa da súa décimo terceira edición, que se desenvolverá do 18 ao 21 de maio en Porriño da que toma o seu nome con 18 curtametraxes e outros tantos videoclips galegos a concurso. Ademais, os concertos volverán ocupar un espazo destacado nesta carteleira, que lle ofrecerá aos asistentes máis de 20 actuacións e 30 horas de música.

Jaliñeiro Arena

Inaugurarase, ademais, o Jaliñeiro Arena cun espectáculo que combina música e danza contemporánea da man de Mercedes Peón e Janet Novás. Este novo escenario situarase na chamada Zona Multiúsos, que acolle a programación audiovisual, musical e as ‘performances’ do Jaliñeiro Clásico. Este ano haberá tamén unha nova sección gastronómica coa proxección de ‘El equilibrio de los opuestos’, un documental sobre as peripecias do cociñeiro Javier Olleros, quen preparará unha tapa especial deseñada para o festival e elaborada con produtos da parroquia.

En canto á sección oficial a concurso, entre as 18 curtametraxes seleccionadas atópanse os últimos traballos dalgúns creadores que xa son habituais do festival, así como de directores galegos asentados en Bruxelas, Londres, Lisboa, Madrid ou Barcelona, entre outras cidades.

Animación
Sobresae nesta escolma a recuperación da animación con filmes de realizadores e debuxantes consagrados ao carón dunha nova xeración de autores saídos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. A selección de videoclips reflicte igualmente unha gran diversidade, entre a que este ano destaca unha ampla presenza de fitas asinadas por mulleres.

Haberá lugar, así mesmo, para as longametraxes coa estrea de ‘Psiconautas’, o filme de animación co que Alberto Vázquez e Pedro Rivero culminan o camiño iniciado coa curta ‘Birdboy’, gañadora en Cans en 2011 e Goya á mellor curtametraxe de animación en 2012. Completarán esta sección varios documentais e o filme de animación para público familiar ‘Maimiño’.

Como en anos anteriores, Cans reunirá destacados profesionais do audiovisual galego para compartir cos asistentes os seus proxectos inmediatos e despregará un amplo cartel musical, no que figuran ademais Os Diplomáticos de Monte Alto, Novedades Carminha, Delafé, De Vacas, Family Folks e Zurrumalla, Cintaadhesiva, Camarada Nimoy e Best Boy, entre outros.

fonte:

http://www.xunta.gal

http://www.festivaldecans.com/

 

 

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 119 invitados y 3 miembros en línea

  • aptrundeuMiz
  • prescolmaMiz

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.