Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

A Coruña

Ortigueira acollerá de novo o Festival Internacional do Mundo Celta do 15 ao 17 de xullo

Presentouse a XXXII edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, declarado Festa de Interese Turístico Internacional no ano 2005.

Durante o acto, ao que asistiron o delegado territorial da Xunta da Coruña, Diego Calvo e representantes do Concello de Ortigueira, da Deputación da Coruña e tamén patrocinadores e membros da organización, Calvo referiuse ao Festival como “algo grande, que basea a súa grandeza nun cartel de actuacións e actividades que mellora cada ano, no enclave paisaxístico onde se celebra e nunha traxectoria que arrancou no ano 1978 e que hoxe mantén a súa esencia”.

Por iso, insistiu en que “non estamos a falar dun festival calquera, senón dunha manifestación como poucas dos valores culturais e da tradición popular”, así como dun reclamo turístico que traspasa as fronteiras da provincia da Coruña, de Galicia e de España. “Todos os que estamos aquí sabemos que o Festival de Ortigueira é máis que un festival, xa que hai moitos anos que deixou atrás esa denominación para converterse nun referente da unión de culturas a través da música”, matizou Calvo, que lembrou tamén que a Xunta de Galicia colabora coa organización deste evento cunha achega de 40.000 euros.

créditos http://www.cultura.gal/gl/nova/23984

 

Login

Recomendaciones

Recomendaciones

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.