Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

Carballo

O Open de Galicia XCO de Cambre e o Trofeo de Carballo abren a fin de semana en Galicia

A última fin de semana de maio arrancará con dúas competicións na provincia da Coruña. O sábado celébrase en Cambre a quinta xornada puntuable do Open de Galicia XCO e do Circuíto, mentres que en Carballo as féminas, cadetes e escolas disputarán unha nova proba do calendario de estrada.

O XVI GP Concello de Cambre BTT Rallie vivirá o seu pistoletazo inicial ás 16:00 horas no circuíto deseñado polo C.C. Cambre no entorno do cemiterio da Barcala. Despois da carreira do pasado sábado en Monte do Gato, as clasificacións do Open de Galicia XCO están lideradas por Carlos Canal e Antía Martínez (Maceda) en cadetes; Pablo Álvarez (Cambre) e Sara Trigo (Óscar Pereiro) en juniors; Samuel González (Óscar Pereiro) en Sub23; Lara Lois (Grove) e Manuel Parada (VI 3) en Elite; Iván Pereira (Barbanzabike) en Master-30; Miguel Ángel Arias (Corbelo) en Master-40; e Javier de la Fuente (Betanzos) en Master-50.

Media hora antes está prevista a saída das féminas no Trofeo Concello de Carballo 2016. As mulleres cubrirán unha distancia de 32,4 kilómetros no evento organizado polo Club Ciclista Carballo. A continuación (17:00 horas), será a quenda para os cadetes nun trazado de 52,7 kilómetros e ás 18:45 horas as escolas rodarán nun circuíto urbano. O escenario para a proba de habilidade dos principiantes será a praza do Concello.

 

Dúas marchas

O domingo é un día de marchas na nosa comunidade. Despois do seu aprazamento polo mal tempo, celebrarase a Gran Bikedada 2016, o evento de Btt organizado polo Club Ciclista Vigués na cidade olívica. A saída neutralizada efectuarase ás 08:45 horas na Unión Veciñal Cultural Deportiva Candeán e un cuarto de hora máis tarde a oficial dende o mercado do Calvario.

Tamén de carácter non competitivo, pero en estrada, será a XXI Marcha do C.C. Lobeira en Vilagarcía de Arousa. Os participantes están citados para empezar ás 09:30 horas en Fexdega.

fonte http://www.fgalegaciclismo.es

 

Login

Recomendaciones

Recomendaciones

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.