Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

O Carballiño

15 de maio, festa das Mudacións de Xuvencos, en Boborás (Ourense)

Moi poucos son os lugares de Galicia que souberon manter viva unha tradición secular como a danza; entre estes lugares atópase Xuvencos.

Como tódalas danzas, esta ten unhas manifestacións externas e unha mecánica que lle confiren un maior resalte dentro do mundo no que se desenvolve.

A danza de Xuvencos é unha manifestación relixiosa, cunha iconografía, accesorios e vestimenta moi semellantes a outras que perduran na provincia de Pontevedra.

As orixes da danza son confusos,é unha labor difícil buscar as raíces xa que non hai constancia escrita nos arquivos da parroquia nin noutro tipo de documentación.


Por similitude con outras danzas que aínda perduran en Galicia e en España, pódese dicir que nacen na Idade Media e que se corresponden coas Danzas Gremiais : manifestacións pagano-relixiosas que tiveron gran importancia e que foron motivo de discordia entre os poderes eclesiásticos e as diferentes confrarías dos gremios, que se encargaban da realización deste tipo de eventos. Nalgúns lugares a danza de Espadas é propia do gremio de xastres, noutros a danza de Palillos, do de zapateiros.

En canto ó elemento humano, os danzantes eran oito homes: catro vestidos de muller e catro de home. Xa avanzado o século XX aparece a figura feminina na danza.

A danza de Xuvencos tiña unha mecánica que se repetía ano tras ano.

 

 

Login

Recomendaciones

Recomendaciones