If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

O 30 DE SETEMBRO REMATA O PRAZO PARA PRESENTAR ORIXINAIS AO PREMIO NACIONAL DE POESÍA "PÉREZ PARALLÉ"

CMI Unidade,XXIV,Premio Nacional,Xose Maria Perez Paralle,Concello,Espiral Maior,San Paio,Premio Premio Nacional,DE SETEMBRO REMATA,PRAZO PARA PRESENTAR ORIXINAIS AO PREMIO NACIONAL DE POESiA,PeREZ PARALLe,Unidade,Nacional,Paralle,Maior,REMATA,PARALLe,Unidade de Fene,Xose Maria,Perez Paralle,Concello de Fene,Porto do Rio,Premio Premio,Nacional de Poesia,Espira,Premio,Os orixinais enviaranse por triplicado exemplar, identificados con lema, ao CMI Unidade de Fene

O vindeiro venres, 30 de setembro, remata o prazo para concorrer á XXIV edición do Premio Nacional de Poesía “Xosé María Pérez Parallé” convocado polo CMI Unidade de Fene coa colaboración do Concello de Fene e a editorial “Espiral Maior”.

Os textos presentaranse por triplicado, identificados con lema ou pseudónimo, na sede do CMI Unidade de Fene, Porto do Río 21, San Paio, 15500 Fene.

O Premio Premio Nacional de Poesía “Xosé María Pérez Parallé” ten por obxectivo a promoción de novas voces, polo que para poder participar na convocatoria é requisitio imprescindible non ter publicado ningún libro individual de poesía.

Os autores e autoras participantes presentarán un libro de poesía en lingua galega, correspondéndolle ao xurado determinar se os traballos presentados poden considerarse ou non “libro”. Porén, recoméndase que os traballoa a concurso teñan unha extensión mínima de 300 versos.

O premio consistirá na edición do libro na colección de poesía “Espiral Maior” e a primeira edición constará dunha tiraxe de 800 exemplares.

A entrega do premio terá lugar o sábado 19 de novembro nun acto programado ao efecto nas instalacións do CMI Unidade de Fene.

Para consultar máis información sobre as bases e edicións anteriores do premio...

[+]info:
http://fenecom.blogspot.com/2011/09/o-30-de-setembro-remata-o-prazo-para.html

253 dias 5 horas 15 minutos 1 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.