Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

Deportes

A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE CONVOCA OS PREMIOS DO DEPORTE GALEGO 2015

A secretaría xeral para o Deporte ven de convocar os Premios do Deporte Galego 2015, segundo a resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, co fin de recoñecer publicamente os máis destacados axentes do ámbito deportivo de Galicia ao longo do pasado ano.

Como en anteriores ocasións, as 17 categorías ás que poderán presentarse candidaturas aos galardóns son:

  • Premio á mellor deportista feminina.
  • Premio á mellor deportista feminina con discapacidade.
  • Premio ao mellor deportista masculino.
  • Premio ao mellor deportista masculino con discapacidade.
  • Premio ao mellor equipo feminino.
  • Premio ao mellor equipo masculino.
  • Premio ao mellor equipo de deportistas con discapacidade.
  • Premio á mellor entidade na promoción do deporte de base.
  • Premio ao/á mellor adestrador/a.
  • Premio ao/á mellor árbitro/a –xuíz/a.
  • Premio ao mellor labor informativo.
  • Premio ao mellor evento deportivo.
  • Premio ao patrocinio deportivo.
  • Premio deportista revelación.
  • Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e na promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa.
  • Premio “Galicia Saudable” á entidade de carácter privado destacada no fomento e na promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa.
  • Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e na promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa.

Xunto a estas categorías, o xurado poderá propoñer e resolver o outorgamento de mencións especiais.

As propostas de candidaturas a estes galardóns poden ser formuladas polas asociacións deportivas inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, os concellos galegos, así como calquera outro organismo ou entidade pública ou privada radicados na Comunidade Autónoma, os membros do xurado e as persoas físicas relacionadas coa actividade física e co deporte galego.

O prazo para a presentación de candidaturas remata aos dez días naturais contados desde o seguinte ao da publicación da resolución.

O xurado dos premios, presidido polo titular da Secretaría Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, estará formado por diversos membros do mesmo departamento autonómico incluídos os xefes dos servizos provinciais, xunto, o presidente de UFEDEGA (Unión de Federacións Deportivas Galegas) e o xefe de deportes da CRTVG.

 Ao igual que nas anteriores edicións, os Premios do Deporte Galego 2014 serán entregados de forma solemne nun acto público de recoñecemento aos galardoados, que recibirán un trofeo e un diploma acreditativo do premio que lles corresponda.

http://deporte.xunta.gal/index.php?idMenu=67&idIdioma=2&int1=2997

DOG

 

Login

Recomendaciones

Recomendaciones

Encuesta

Marcadores

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.