Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

Deportes

Esta fin de semana celebraranse as fases provinciais de Ourense e A Coruña do Taekwondo Escolar de Combate

A fase provincial da Coruña celebrarase o domingo 20 de marzo en Ordes, organizado polo club Luar, coa participación de máis de 170 deportistas.

A fase de Ourense, organizado polo Couto, celebrarase o sábado 19 de marzo no Pavillón dos Remedios cuns 20 participantes. Ademais, aproveitarase esta fase para celebrar unha xornada de tecnificación infantil coa participación de preto de 60 rapaces no mesmo pavillón. A metade mellor clasificada dos deportistas lograrán a clasificación para a fase final. O sábado 23 de abril terá lugar a provincial de Lugo.
Esta competición é para deportistas das categoría alevín (nados nos anos 2004 e 2005) e infantil (nados nos anos 2002 e 2003). As e os taekwondistas competirán coas pertinentes proteccións e estarán permitidos os golpes á cabeza. Non poderán participar nesta competición os medallistas ouro e prata nos Campionatos Galegos Cadetes ou membros da selección galega.
Esta actividade está incluída no programa do Deporte Escolar Xogade, desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo. Desta forma, a organización é responsabilidade dos diferentes servizos provinciais en colaboración coa Federación e clubs nos que delega.
Fonte: Federación Galega de Taekwondo

Login

Recomendaciones

Recomendaciones

Encuesta

Marcadores

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.