Vigo é unha cidade vinculada ao jazz desde hai décadas; en realidade, non só ao jazz senón en xeral á música contemporánea que atopou na cidade sempre un aliado. Nesas coordenadas pódese comprender facilmente porque a celebración cada verán do Festival de Jazz Imaxina Sons converteu o evento nun signo da identidade cultural de Vigo. Na edición de 2011, a sétima xa, o festival transitará por un conxunto de espazos en rede transformando a cidade nun amplo club de jazz, cunha amplificación capaz de atraer xa o interese de públicos, non só de fóra da cidade, senón de fóra de Galicia. Esta nova edición de Imaxina Sons, promovida pola concellería de Cultura e Animación Sociocultural do concello de Vigo, desenvolverase do 17 ao 25 de xuño. Entre as figuras confirmadas no cartel atópanse Avishai Cohen, Nils Petter Molvaer, Sidsel Endresen, Neil Cowley e John Taylor.+ info en imaxinasons.org[+]info:
http://aldeagalega.com
