Adeus para sempre á raíña da canción galega Ana Kiro. A cantante que finou este 24 de setembro de 2010, ós 68 anos de idade na súa casa de Mera (Oleiros), víctima dun cancro, será enterrada hoxe sábado no cemiterio parroquial de Serantes. María Dolores Casanova González, coñecida como Ana Kiro, naceu en 1942 en Castañeda (A Coruña). Foi unha das primeiras cantantes que non se avergoñou de cantar en galego, idioma co que chegou a gravar máis de 30 discos de extraordinaria popularidade, tanto dentro como fóra de Galicia. Destaca do seu primeiro traballo, "Galicia terra meiga" co que conseguíu vender 100.000 exemplares. Grazas polo teu traballo e ata sempre. DEP
[+]info:
http://corunacity.com