Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

Noticias de juegos

Liberado o motor 3d para xogos DigitalRune

Este pasado día 4 de xuño fíxose o anuncio da liberación do motor de física en 3D de xogos DigitalRune. O código está dispoñible dende ese mesmo día en Github baixo os termos e condicións da licenza BSD de tres cláusulas.

O motor DigitalRune, máis concretamente, é un conxunto de bibliotecas de middleware e ferramentas para o desenvolvemento de xogos en 3D, simulacións VR e aplicacións CAx. O software está escrito en C# para o framework Microsoft .NET e Mono. Soporta Microsoft XNA Game Studio e MonoGame.

O software en orixe foi deseñado para servir como unha implementación de referencia persoal co obxectivo de ser doado de usar mais tamén ser rico en recursos. Foi inicialmente escrito para Microsoft XNA.

Algúns recursos e optimizacións planificadas aínda non están incluídas no proxecto de código aberto, por exemplo: DirectX 11/12, prestacións de base física (PBR), técnicas de reproduccións temporais, sistema de obxectos mellorado para xogos, scripting e soporte para NuGet.

O motor foi deseñado para xogos pequenos e medianos ( "indie games"). Pero existe espazo para optimizacións, por exemplo, eliminando os recursos que non sexan necesarios e optimizando cando sexa necesario.

A solución inclúe diversas bibliotecas WPF, un framework MVVM para WPF e unha versión inicial dun IDE (contorno de desenvolvemento integrado) para os xogos.

fonte https://www.mancomun.gal

 

Login

Recomendaciones

Recomendaciones