Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

A cuarta edición de ‘Cultura no Camiño’ esténdese a 99 concellos das rutas xacobeas con 369 actuacións escénicas e concertos

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia organizan o programa CULTURA NO CAMIÑO, que desenvolve a súa cuarta edición do 16 de abril ao 30 de setembro. Ademais de co patrocinio de Gadis, esta iniciativa conta coa implicación de 99 concellos situados nas rutas xacobeas para despregar unha interesante carteleira a través da que a nosa produción escénica e musical sae ao encontro dos espectadores galegos, dos peregrinos e de todos cantos nos visitan nestas datas.

Un total de 369 actuacións de teatro, música, danza, maxia e novo circo a cargo de 149 formacións artísticas galegas.

‘Cultura no Camiño’ conta este ano cun investimento de preto de 545.000 euros (fronte aos 146.521 euros de 2013) compartido pola Xunta de Galicia e os 99 concellos inscritos, que asumen unha parte dos cachés artísticos. Neste sentido, o conselleiro subliñou que este programa é un “bo exemplo dos froitos que dan o traballo colectivo e a colaboración institucional, sumando as administracións autonómica e locais, pero tamén creadores, compañías, xestores e programadores, nun ciclo pensado, deseñado e realizado por e para o público”.

En canto á distribución territorial da actividade, ‘Cultura no Camiño’ foi ampliando progresivamente o número de concellos implicados desde a súa primeira edición. Todos eles están situados nalgunha das rutas de peregrinación polas que discorre o Camiño de Santiago en Galicia: Camiño Francés, Camiño de Fisterra-Muxía, Camiño de Inverno, Camiño do Norte, Camiño do Sueste-Vía da Prata, Camiño Inglés, Camiño Portugués, Camiño Portugués pola Costa, Camiño Primitivo e Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla.

Por provincias, 36 concellos coruñeses acollerán 132 actuacións; en Lugo, 24 concellos ofrecerán 92 espectáculos; 13 concellos de Ourense porán ao dispor do público 44 funcións; e en Pontevedra, 26 concellos programarán un total de 101 representacións.

Produción 100% galega
En palabras do conselleiro de Cultura e Educación, cúmprese así o obxectivo de deslocalizar a oferta cultural para procurar un desenvolvemento equilibrado no conxunto de Galicia. Ao tempo, incentívase a distribución de produtos culturais propios, “enriquecendo con representacións artísticas de calidade un dos espazos patrimoniais máis importantes non só de Galicia, senón de España e mesmo do conxunto do mundo: esa excepcional rede de itinerarios culturais que son os Camiños de Santiago”, engadiu.

De feito, o programa ofrece unha destacada escolma da actual produción escénica e musical galega con nomes como Lulavai, De Vacas, Radio Cos, Roi Casal, Rosa Cedrón, Uxía & Narf, Xoán Curiel, Peter Punk, Federico Pérez, Grupo Chévere, Caramuxo Teatro, Ghazafelhos, Os Sete magníficos + 1 ou Mago Teto, citando tan só algúns dos 149 grupos e artistas incluídos nesta ampla carteleira. Serán, en total, 164 representacións de teatro e danza, 93 actuacións musicais, 78 de maxia e 34 de novo circo.

O calendario de actuacións estará dispoñible para a súa consulta no web da Agadic (agadic.gal/culturanocamino), así como na sección de axenda da páxina de Cultura da Xunta de Galicia (cultura.gal/gl/axenda).
 

fonte http://www.xunta.gal

 

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 55 invitados y ningún miembro en línea

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.