Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

Un ano máis, a asociación GHANDALF achega o software libre ás novas xeracións impartindo relatorios en varios centros de ensinanza

Como vén sendo habitual, dende a súa creación, a asociación GHANDALF fai unha importante labor de achegamento do software libre ás novas xeracións.

Durante o pasado mes de agosto, máis de 250 alumnos, pertencentes a diferentes niveis formativos da ESO, así como de ciclos superiores de ensino, e profesores de 3 centros galegos de ensino, situados nas localidades de A Baña, Negreira e Coristanco, recibiron varios relatorios en torno á filosofía do software e a cultura libre.

Nestes relatorios, os asistentes puideron coñecer a filosofía detrás do software libre, descubrindo que sen ser conscientes xa estaban a empregar moitas tecnoloxías deste tipo nos seus ordenadores, teléfonos e tablets. Coñeceron tamén algunha iniciativa de cultura libre, como a Wikipedia e outras iniciativas libres, como atopar este tipo de recursos, etc...

 

A acollida por parte dos alumnos resultou moi boa, igual que en anos anteriores, mostrándose moi interesados e participando activamente nas xornadas. Ao final das mesmas repartíronse entre os asistentes algúns libros sobre software libre que a asociación GHANDALF ten traducido e editado en galego, así como memorias usb con software libre e documentación para que os alumnos poidan seguir afondando pola súa conta.

Estas charlas forman parte das actividades que a asociación GHANDALF realiza no marco do Convenio de colaboración asinado coa AMTEGA para a difusión do software libre e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.

fonte:

mancomun.org

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 76 invitados y ningún miembro en línea

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.