Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

Contaminar nos Estados Unidos: 18.000 millóns. Contaminar en Galicia: 22 millóns

British Petroleum (BP) terá que pagar 18.571 millóns de euros como indemnización polos danos ambientais causados pola explosión en 2010 da plataforma Deepwater Horizon no Golfo de México, no que se converte na multa máis elevada pagada nunca nos Estados Unidos. A cantidade, pactada entre a empresa, o Departamento de Xustiza estadounidense e cinco estados do sur do país (Alabama, Florida, Luisiana, Mississippi e Texas), súmase ás multas e custes dos traballos de limpeza pagados anteriormente pola compañía. Un total de case 48 mil millóns de euros, aos que haberá que engadir o que BP lle pague aos pescadores mexicanos afectados pola vertedura de petróleo. A cantidade total pagada por BP en forma de multas ou traballos de limpeza rolda os 48 mil millóns de euros

A resolución deste caso contrasta co sucedido en Galicia coa marea negra do Prestige. A sentenza ditada en 2013 absolveu a case todas as partes implicadas e fixou unicamente unha indemnización de 22,7 millóns de euros a pagar pola aseguradora, que aínda non foi repartida. A proceso, ademais, completouse en cinco anos no caso do Golfo de México, menos da metade dos que houbo que agardar para coñecer a sentenza do Prestige.

sigue lendo en:

http://praza.gal/movementos-sociais/10296/contaminar-nos-estados-unidos-18000-millons-contaminar-en-galicia-22-millons/

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 95 invitados y ningún miembro en línea

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.