Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

Erguer estudantes da Galiza convoca folga estudantil o 13 de abril

Tanto a LOMCE como decreto de 3+2 son os dous elementos principais nos que se fundamenta o ataque do Partido Popular contra o ensino público, estes días o movemento estudantil mobilízase, de novo, contra as políticas impostas desde o partido que aínda goberna no estado.
 
Segundo manifestaron na rolda de prensa realizada a pasada semana o goberno español impón a mercantilización mediante unha lexislación como a LOMCE que sinalan como antipedagóxica, españolizadora, confesional, privatizadora, clasista, patriarcal, e que afonda na desigualdade de oportunidades no ensino. Manifestaron, tamén, que a Estratexia Universitaria 2020 na que se enmarca o decreto de 3+2  é un claro exemplo da mercantilización do ensino público, co obxectivo de converter as universidades nun criadeiro para as empresas capitalistas
 
"A derogación da LOMCE non debe ser negociable"
 
Iria Figueroa, de Erguer. Estudantes da Galiza, falou en Radio Obradoiro da convocatoria de folga para o vindeiro 13 de abril no ensino medio e universitario, en contra da polémica lei e do decreto do 3+2
 
Desde Erguer. Estudantes da Galiza fan um chamamento o estudantado galego para encher as ruas da Galiza na luita polos seus direitos este 13 de abril.
NOM À LOMQE, NOM AO 3+2.
 
DEFENDER O PÚBLICO É DEFENDER O FUTURO!

via http://cutudc.com/pasquin/n307/folgaestudantil.html

 

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 90 invitados y ningún miembro en línea

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.