Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

10 bolsas de formación práctica na Axencia Turismo de Galicia

 

turgaliciaA Axencia Turismo de Galicia convoca 10 bolsas de formación práctica en diversas áreas durante o ano 2016:

8 bolsas de formación práctica especializada para a promoción e información turística, mediante a realización de prácticas tuteladas nas oficinas de información turística dependentes da Axencia de Turismo de Galicia distribuídas da seguinte forma: 2 bolsas na Oficina de Turismo de Santiago de Compostela (rúa do Vilar), 1 bolsa na Oficina de Turismo de Santiago de Compostela (Centro Internacional de Acollida ao Peregrino), 1 bolsa na Oficina de Turismo da Coruña, 1 bolsa na Oficina de Turismo de Pontevedra, 1 bolsa na Oficina de Turismo de Vigo, 1 bolsa na Oficina de Turismo de Lugo e 1 bolsa na Oficina de Turismo de Ourense.

2 bolsas de formación práctica especializada na Área de Estudos e Investigación para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística:
Bolsa A: especialidade de estatística.
Bolsa B: especialidade de turismo.

O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2016 cunha duración máxima de seis meses, contados desde a data da incorporación das persoas bolseiras
O lugar de realización das prácticas tuteladas será na sede da área, nas oficinas da Axencia Turismo de Galicia da Barcia (estrada Santiago de Compostela-Noia km 3, 15896 Santiago de Compostela).

Requisitos:
Titulación: estar en posesión, antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes das seguintes titulacións. Estas titulacións deben estar finalizadas nos catro anos naturais inmediatamente anteriores ao remate do prazo de presentación das solicitudes desta convocatoria.

a) Bolsas de formación nas oficinas de información turística: grao en turismo; diplomatura en turismo; técnicos superiores en guía, información e asistencia turísticas; técnicos superiores en axencias de viaxes e xestión de eventos ou titulación homologada equivalente.
b) Bolsas de formación na Área de Estudos Turísticos. Ofértanse dúas bolsas de formación con diferentes requisitos.
I) Bolsa A.
– Licenciatura ou grao en matemáticas.
– Grao en administración e dirección de empresas, grao en economía, licenciatura en administración e dirección de empresas ou economía, licenciatura en ciencias económicas e empresariais ou equivalente.
– Licenciatura, diplomatura ou grao en estatística.
– Enxeñería en calquera rama.
II) Bolsa B.
– Grao en turismo.
– Diplomatura en turismo con posgrao ou máster en turismo.
– Grao en administración e dirección de empresas, grao en economía, licenciatura en administración e dirección de empresas ou economía, licenciatura en ciencias económicas e empresariais ou equivalente con posgrao ou mestrado en turismo.
– Grao ou licenciatura na rama de ciencias sociais e humanidades con posgrao ou mestrado en turismo.
Idiomas:
a) As persoas solicitantes deberán acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel Celga 4, perfeccionamento ou título equivalente.
b) Inglés: certificado B1 ou superior do Marco común europeo de referencia para as linguas no caso das bolsas de oficinas de turismo

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co código de procedemento TU981A
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 23 de abril de 2016.

Máis inforamción no DOG do 23 de marzo de 2016 e en http://www.turgalicia.es/canle-institucional

fonte http://xuventude.xunta.es/

 

 

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 87 invitados y ningún miembro en línea

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.