Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

Programa Feira do Viño do Ribeiro. Ribadavia 29,30 de abril e 1 de maio

A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 53ª edición, terá lugar os vindeiros días 29 e 30 de abril e 1 de maio de 2016, no recinto da Alameda, en Ribadavia (Ourense), ven de presentar publicamente o seu cartel e algunhas das principais actividades.

As actividades centrais do evento son as Actividades Enogastronómicas ou Showcookings, que se levan a cabo dende a edición do 2012, e como novidade, RibeiroRisas, unha gala de humor e viño, na que se contará con tres monologuistas e unha presentadora. O público interesado en asistir a este evento poderá obter a súa entrada, a un prezo especial de 5€, presentando a copa ou o ticket de puntos (consumido ou sen consumir) que previamente poderá conseguir no recinto feiral.

A información das actividades é a seguinte:

Ribeirorisas:

Espectáculo de monólogos a cargo de: Tonhito de Poi, Isabel Risco e Fede Pérez. Presentado por Iria Sobrado
Lugar: Auditorio do Castelo, en Ribadavia.
Horario: 23:30 h
Venda de Entradas:
Días previos: Oficina de Turismo de Ribadavia (988471275) Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Días do evento: Na taquilla, na porta do Auditorio do Castelo, dende unha hora antes do inicio.
Prezo entradas:
Bonus FVR: 5€ (haberá que presentar a copa ou ticket de puntos da FVR, consumido ou non consumido)
Normal: 10€

Sábado, 30 de abril:

ACTIVIDADES ENOGASTRONÓMICAS – SHOWCOOKING
(Para participar nas actividades de pago é imprescindible mercar as entradas na Oficina de Turismo (988471275 ou Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) ou no stand de venta de tickets)
* Obradoiro con entrada.
Lugar: Aula Actividades – Showcooking no recinto da feira.

13.00 h
Obradoiro de cociña *.
Imparte: Carlos Maldonado, cociñeiro gañador da 3ª edición do programa de TVE “MasterChef”.
Contarase coa presenza do sumiller Nacho Costoya, que maridará os pratos elaborados cos viños do Ribeiro.

17.30 h
Entrega de vídeos de adegas da D.O. Ribeiro
Recollerán as adegas e haberá un visionado do vídeo.
Os vídeos serán emitidos no programa Cousas de Comer de Telemiño

19.30 h
Obradoiro de cociña *.
Imparte: Héctor López, cociñeiro do Restaurante España, de Lugo, Grupo Nove, e xurado do programa da TVG “Desafío nos fogóns”.

Contarase coa presenza do sumiller Nacho Costoya, que maridará os pratos elaborados cos viños do Ribeiro.

Domingo, 1 de maio:

ACTIVIDADES ENOGASTRONÓMICAS – SHOWCOOKING
Lugar: Aula Actividades – Showcooking no recinto da feira.

13.00 h
Obradoiro de Cociña *.
Imparte: Alberto Lareo, cociñeiro do Restaurante Manso, de Santiago de Compostela (A Coruña).
Contarase coa presenza do sumiller Nacho Costoya, que maridará os pratos elaborados cos viños do Ribeiro.

17.30 h
Obradoiro de cociña infantil.
Imparte: Covadonga García, cociñeira finalista da 3ª edición do programa de TVE “MasterChef Junior”.

18.45 h
Presentación do Ciclo de F.P. “Aceites de Oliva e Viño”
Imparte: Persoal docente do I.E.S. Ribeiro
19.30 h
Entrega dos premios da Cata Popular da Feira do Viño do Ribeiro.
Presentación do resultado do concurso da Cata Popular da Feira do Viño do Ribeiro.

Estas son as adegas participantes:

 

Reboreda – Adega http://www.campante.com/

Bodega Alanís – Adega http://www.bodegaalanis.com

Antonio Montero – Adega http://antoniomontero.com/

Terra do Castelo – Adega http://www.terradocastelo.com

Ramón do Casar – Adega http://www.ramondocasar.es/

Divino Rei – Adega http://www.bodegacastrorei.com

Cunqueiro – Adega http://www.bodegascunqueiro.es

Nairoa – Adega http://www.bodegasnairoa.com

Pazo do Mar – Adega www.pazodomar.com

Viña Costeira – Adega http://www.costeira.es/

Bodegas Docampo – Adega http://www.bodegasdocampo.com/

Val de Souto – Colleiteiro http://www.valdesouto.com/

Bodega Pé de Perdiz – Colleiteiro http://www.pedeperdiz.com/

Leive – Colleiteiro http://www.aurealux.com

Quinta do Rebolo – Colleiteiro http://www.quintadorebolo.com/

Adega Eloi Lorenzo – Colleiteiro http://www.eloilorenzo.es

Bodega Gómez Sanmartín – Colleiteiro

Cuñas Davia – Colleiteiro http://www.adegasvaldavia.com

Adega Viña Carpazal – Colleiteiro http://www.adegacarpazal.es/

Adega Sameirás – Colleiteiro http://www.adegasameiras.com

Adega Pazos de Albor – Colleiteiro http://www.bodegasalbor.com/

Adega Dona Elisa (Canción de Elisa) – Colleiteiro http://adegadonaelisa.com/

Adega Val do Deva – Colleiteiro

O Alborexar no Ribeiro – Colleiteiro http://www.oalborexarnoribeiro.com/

Elisa Collarte – Colleiteiro

Antonio Veleiro Diéguez – Colleiteiro

Hipólito Veloso – Colleiteiro

Son de Arrieiro – Colleiteiro

Adegas Joaquín Vázquez – Colleiteiro

Pazo Lalón (Eduardo Bravo) – Colleiteiro http://eduardobravo.es

Viña da Cal (Alter) – Colleiteiro http://alter-vino.es/

Adega Pousadoiro – Colleiteiro http://www.pousadoiro.com/

Amalia Diéguez (Tear dos Dodi) – Colleiteiro http://www.teardosdodi.com

Herederos de Avelino Lorenzo, S.C – Colleiteiro

Adega Beatriz (Muñiz Hermida Ecolóxico) – Colleiteiro http://www.vinoecologicoweb.es

Adega Mª Pilar – Colleiteiro http://adegamariadopilar.com/

Alejandro Lodeiro – Colleiteiro

Arco da Vella – Adega do Eladio – Colleiteiro http://www.bodegaeladio.com

Gran Gandarela – Manuel Penedo – Colleiteiro http://www.grangandarela.com/

Adega Eduardo Peña – Colleiteiro http://www.bodegaeduardopenha.es

 

Tamén se pode consultar toda a información na web do evento en http://feiravinoribeiro.com/
Ou nas redes sociais: https://www.facebook.com/Feria.Vino.Ribeiro e https://twitter.com/feiraribeiro

 

fontes http://www.campogalego.com e http://feiravinoribeiro.com

 

 

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 56 invitados y ningún miembro en línea

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.